Decálogo pola Igualdade no IES Cosme López Rodríguez

O alumnado do IES Cosme López Rodríguez elaborou un Decálogo pola igualdade para facer efectivo no noso centro. Aquí o tedes!

 

 

Exposición no IES Cosme López Rodríguez sobre "Cartas de Amor"

Cartas de amor é unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero con debuxos de artistas famosos como Miguel Calatayud, PAtricia Castelao, Fausto Isorna... O obxectivo da mesma é sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia da violencia nas súas formas de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, eliminala. No documento adxunto podedes ver ao alumnado do centro traballando cós debuxos.

 

 

 

Escritoras e ilustradoras na Biblioteca

A biblioteca do IES Cosme López Rodríguez organizou un concurso entre o alumnado de adiviñanzas, con fotos de escritoras e ilustradoras que había que recoñecer e asociar a algunha obra, incluidas mulleres da nosa zona de Valdeorras. Aquí vedes cómo quedou a exposición.

Teatro "¡Qué unión, Dios Santo!"



O alumnado de 4º da ESO representa a obra "¡Qué unión, Dios Santo!" para financiar a súa viaxe de estudos. Non cha perdas, haberá teatro e sorteos!! A cita terá lugar o xoves 30 de marzo ás 19.30, no Cine Avenida de A Rúa. Agardamos por ti!

Distribuir contido