Ábrese o prazo de solicitude da acreditación da Competencia Dixital para persoas que obtivesen o título de ESO no curso 21/22 e 22/23

As persoas que obtivesen o título de educación secundaria obrigatoria nos cursos académicos 2021/22 e 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos académicos poderán solicitar a acreditación das competencias dixitais no centro no que rematase cuarto de educación secundaria obrigatoria.

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA DO DEPARTAMENTO DE MÚSICA: CONCERTO DIDÁCTICO A CARGO DA REAL PHILARMONÍA DE GALICIA E VISITA AO PÓRTICO DA GLORIA DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 O día 26 de abril, o alumnado de 3º ESO e o alumnado de Música de 4º ESO asistirá en Santiago de Compostela ao Concerto Didáctico a cargo da Real Philarmonía de Galicia que interpretará música de Stravinsky e de Januibe Tejera para acompañar a montaxe coreográfica da obra Pleasure island.

PLEASURE ISLAND (CONCERTO DIDÁCTICO)

 

MURAL HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

O alumnado de 1º da ESO e 1º de FP Básica, en colaboración cos departamentos de Bioloxía e Plástica, realizou este mural, que podedes ver colgado no relanzo das escaleiras, para promover os hábitos de vida saudable.

XV ENCONTRO DE POETAS NAS VIDEIRAS. PETÍN 16 DE MARZO

O sábado, 16 de marzo deste ano, o alumnado de 2º de bacharelato do noso centro participou no XV Encontro de Poetas nas Videiras que organiza a escritora ruesa Rosa García Machado. Desta volta, os temas xiraban arredor da poesía e da cociña e o lema era “Poeciñando paxaros”. Temas e lema non arredaron aos nosos valentes alumnos e alumnas para construír uns poemas que chaman a atención pola súa orixinalidade.

Distribuir contido