Bolsas de axuda ao estudo do Ministerio de Educación Curso 2024/2025

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ven de publicar a convocatoria de becas para o vindeiro curso 2024/2025.

Existen axudas económicas tanto para ensinanzas  universitarias como para non universitarias que inclúen, entre outras, ESO, Bacharelato e FP. Para ver un resumo, preme sobre esta ligazón.

O prazo de solicitude vai do 19 de marzo (9:00) ao 10 de maio (15:00) de 2024.

As solicitudes deben tramitarse a través da SEDE ELECTRÓNICA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN.

Podes ver toda a información sobre a beca e os trámites premendo nesta ligazón á páxina informativa do Ministerio. 

AnexoTamaño
PASOS A SEGUIR PARA BECAS 24-25 (1).pdf271.89 KB
Convocatoria General 2024_2025.pdf617.18 KB