Skip to Content

Plan Proxecta

PROXECTAS DO CHAMOSO.- 2022/2023

Os Plans Proxecta están oriendados cara á innovación educativa; os Proxecta deste curso no Chamoso son

PROXECTOS DO CHAMOSO 2022/2023

Faladoiro sobre sustacias adictivas

No pasado 11 de maio os nosos estudantes tiveron a oportunidade de asistir a unhas charlas sobre sustancias e conductas adictivas levada á cabo por membros da Guardia Civil así como persoal especialista neste tema.

Ademais, os nosos escoitaron de primeira man as testemuñas de varias persoas ligadas a Alcólicos Anónimos que nos puideron contar en primeira persoa as súas experiencias con este tipo de sustancias e as terríbeis consecuencias que tiveron nas súas vidas.

Os alumnos tiveron ocasión posteriormente de facer preguntas e apreciacións aos participantes, amosando grande interese e respecto polo tema.

Dende o IES Chamoso Lamas agradecemos enormemente a participación dos poñentes pola súa franqueza, sinxeleza e claridade á hora de tratar temas tan delicados como o de hoxe.

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut