Iniciar sesión: Acceso

» Os Blogs do Chamoso

 
 

Enforma

Campión da liga de recreo de futbol sala

O campión da liga de recreo de futbol sala en categoría de pequenos foi 2º ESO C. Os compoñentes do equipo recibiros o trofeo ao gañador e un vale para a cafetería do centro. Así mesmo, o alumnado de 2º da ESO B (2º clasificado) recibiu un vale para a cafeteía.

Noraboa aos campións e a todos os que fixeron posible a competición: alumnado de 4º ESO A e participantes na liga. 

PD: A espera de confirmación para subir as fotos da liga.

Final das ligas do recreo

Este venres temos as finais das ligas de Fútbol sala:

  • maiores: no recreo.
  • pequenos: 4º hora.
  • Ao remate terá luga a entrega do diploma e máis os vales para a cafetería.

Animádevos a participar!!

Ligas de recreo

Seguimos coas ligas de recreo. Neste trimestre toca Futbol sala de pequenos (1º-2º ESO) e maiores (resto da ESO, bacharelato, FP e ciclos).

As ligas están a chegar ao seu desenrrolo, e en dúas semanas chegan as finais.

DAFIS: Test de condición física.

Durante estas semanas estamos a realizar unha evaluación da condición física do noso alumnado. A aceptación por parte do mesmo está a ser elevada, sigamos así. Quedamos a espera dos resultados.

Un saúdo.

Festival fin de curso

O alumnado participuo con diversas coreografías de baile e de acrosport; aquí tendes unha mostra da coreografía de 1º de Bach T que no puideron realizar no acto de fin de curso.

Coreografía co profesorado "Móvete máis"

Coreografía co profesorado "Móvete máis":
Bo verán, seguide movendo  esquelete. Vémonos o ano que vén!

 

Final provincial de bádminton na Universidade Laboral

Ata Ourense desprazáronse catro rapaces do noso IES que quedaran clasificados no campionato zonal de bádminton, para desputar a final provincial. Estiveron toda a xornada matinal do sábado 1 de Xuño, no pavillón da Universidade Laboral, dándolle á raqueta e ao volante, desfrutando moito e facendo un moi bo papel. Noraboa a Noelia Silva, Paula Cabaleiro, Daniel Álvarez e Pablo González de 1º ESO!

Sendeirismo no parque municipal

Aproveitando estes fermosos días de (case)verán, fomos a facer uns pequenos roteiros polo parque. Cos alumnos de 1º, 2º e 3º nas súas respectivas horas de Educación Física. Foi unha xornada diferente e entretida, aprendendo os diferentes símbolos de sendeirismo, e facendo deporte de forma suave, pero suamos a pinga gorda!

Charla da Cruz Vermella: A cadea de supervivencia

O día 23 de maio, os alumnos/as de bacharelato tiveron a oportunidade de aprender un pouco sobre primeiros auxilios da man de técnic@s da Cruz Vermella do Carballiño. Foi unha sesión moi divertida e práctica, onde puidemos aprender os pasos a seguir ante un accidente: a cadea de supervivencia. Ao ser unha charla eminentemente práctica, quedounos gravado na memoria o protocolo. É un contido moi importante que poderíanos ser moi útil, tanto que seríamos quen de salvar vidas. Case nada! 

Descubrindo o FÚTBOL GAÉLICO no Chamoso Lamas?

No noso IES temos a sorte de contar co profesor de inglés Carlos Seco, que non só é un bo xogador de fútbol gaélico, se non que foi un dos pioneiros deste deporte en Galicia, alá polo ano 2010, cando con outros mozos e mozas da Coruña fundou o primeiro club de fútbol gaélico galego, os Fillos de Breogán. Carlos foi adestrador do seu club, foi o primeiro seleccionador galego... Entón, como non aproveitar os seus coñecementos para darlles unha clase diferente aos nosos estudantes de 3º e 4º da ESO. Un deporte ata agora descoñecido por eles, pero que sen dúbida suscitou unha grande curiosidade e que lles encantou a todos. As clases foron moi didácticas e divertidas, e os nosos rapaces e rapazas quedaron moi satisfeitos coa dinámica deste novo deporte. De feito todos e todas quedaron con ganas de repetir. Moitas grazas ao departamento de Educación Física por coordinar a actividade, que agardamos facer extensiva a outros grupos no futuro. Agora...a practicar o fútbol gaélico!

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Fútbol Gaélico
Archiviato in: