Enforma |
Onte, 13 de xuño, os alumnos e alumnas de 1º da ESO desprazáronse até Castrelo de Miño (Ourense), onde puideron realizar 4 actividades de iniciación a deportes acuáticos, entre eles: - Kayak - Vela - Pádel surf - Hidropedaleta As sesións foron levadas a cabo polo persoal do Clube Náutico de Castrelo de Miño, aos cales agradecemos o seu traballo. Despois da actividade os nosos aínda tiveron tempo para mergullarse e xogar co material deportivo traído polo departamento de Educación Física. |
|||
Os alumnos de 2º e 4º da ESO puideron achegarse á práctica do Ruby grazas a un par de sesións levadas a cabo polo Campus Ourense Rugby e os seus integrantes, os cales se trasladaron até o noso cntro e fixeron xogos de iniciación para todos os nosos rapaces. |
|||
No pasado 8 de maio o alumnado de 4º da ESO viaxou até o Pavillón dos Remedios, en Ourense, para desfrutar dunha xornada de iniciación á escalada. A sesión foi levada a cabo por dous monitores de ASESOU (Asociación de Escaladores Ourensáns), as cales agradecemos o seu traballo por amosar dunha maneira divertida este deporte aos nosos. Tivemos oportunidade de aprender o funcionamento do material básico e de intentar varias vías de escalada, algúns e algunhas até se atreveron co "autoenrolador"! Ao rematar as dúas sesións fixemos unha pequena andainda até o parque de Oira, onde tivemos tempo para desfrutar do que restaba de mañá con material deportivo proporcionado polo departamento de Educación Física. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
