Enforma |
Comezamos o primeiro trimestre deste curso 2022/2023 cunha apaixoante liga interna de Brilé entre todos os cursos do Chamoso Lamas que así quixesen participar. Os encontros disputáronse entre 12 equipos compostos por un máximo de 6 xogadores, sendo de carácter mixto tanto en xénero como en idade, durante os recreos do luns, mércores e venres. Mesmo o claustro participou cun equipo que a piques estivo de chegar á final! Mais o nivel estivo moi alto e só dous equipos chegaron á finalísima, dos cales tivemos aos campións da foto que podedes ver no álbum adxunto. Moitos parabéns! No segundo trimestre comezaremos a liga interna de bádminton por parellas. Non vola perdades! |
|||
Sete distinguidas alumnas de 1º de Bacharelato fixeron este xoves un roteiro de case 13 kilómetros polo famoso percorrido dos Arrieiros. A andaina partiu do Instituto, dende o cal partimos cara Pazos de Arenteiro pasando por diferentes vilas onde puidemos escoitar os comentarios do profesor Ricardo sobre a historia da rexión. Pese a que o día foi caluroso, tamén tivemos tempo de refrescarnos a carón da ponte dos franceses, antes de coller o bus de volta ao instituto. |
|||
Na xornada de hoxe, 15 de xuño, uns 30 alumnos do curso de 3º da ESO realizaron unha carreira de orientación no circuíto permanente de Cenlle (Ourense). En grupos de 2-3 alumnos, cada un co seu mapa e as súas respectivas follas de control, tiveron que atopar cada unha das 14 balizas indicadas para o percorrido de categoría "longo doado". O certo foi que debido ás recentes choivas e o calor da última semana os nosos alumnos non o tiveron fácil para localizar algunhas das balizas, xa que a herba medrou moito e estas estaban ben agochadas entre a frouma. Con todo, o día nubrado fíxonos a tarefa máis doada, xa que evitamos o calor sofocante de dias previos. Ao rematar a carreira os alumnos aínda tiveron posibilidade de ter un anaco de tempo libre para xogar ao balón ou remollarse no espazo termal que dispoñen xunto ao comezo do circuíto. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
