Enforma |
No pasado 9 de maio os alumnos e alumnas de 2º da ESO foro de excursión a Marín a cargo do departamento de Educación Física. Alí puideron gozar dunha xornada de deporte na natureza no parque multiaventuras de Marín, o cal conta con varias torres multiaventura con diferentes dificultades. Os nosos non se amilanaron e fixeron un gran traballo, incluso algúns deles animáronse coas vías máis complicadas! Ao rematar aínda tivemos tempo para ir á praia de Mogor e aproveitar os raios de sol para darnos un mergullo ou para xogar un bo anaco co balón. |
|||
Na xornada do 24 de maio o alumnado de 4º da ESO viaxou ao parque atlántico das Illas Cíes para desfrutar dunha xornada de sendeirismo e turismo polas fermosas vías e praias do arquipélago máis famoso do noso país. Pudemos facer un pequeno roteiro de 5 km a cargo dunha especialista que nos ía explicando tanto a flora como a fauna local. As condicións climatolóxicas e despois de subir até o faro para desfrutar das vistas da rías de Vigo os rapaces e rapazas tiveron tempo para un mergullo perto da zona do porto. |
|||
Nas xornadas do 4 e 5 de abril o noso centro foi a sede de dous campionatos de bádminton interescolares como parte do programa XOGADE. No luns viñeron competir até 4 institutos da contorna para diferentes categorías. O campionato contou cun formato diferente ao que se adoitaba facer nos anos previos, para fomentar que as parellas xogasen a maior cantidade posíbel de partidos. Unha parella do noso instituto alzouse co primeiro posto no fin da xornada, moitos parabéns! Na sesión do martes recibidos a cinco colexios da comarca para repetir o esquema realizado previamente, na cal os nosos no competían xa que non podían por categoría. Os encontros estiveron marcados por unha grande competitividade e deportividade. Agradecemos dende o departamento de Ed. Física e do noso instituto a todas as parellas por participar así como aos profesores encargados deles, por colaborar e axudar no que precisamos. Agardamos que podamos repetilo no próximo curso! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
