Enforma |
No pasado 11 de novembro os alumnos de 4º da ESO participaron na carreira de orientación xunto con outros 4 institutos máis dentro do programa XOGADE para promocionar o deporte interescolar. Por causa da COVID-19 no curso 2020-2021 non participamos ni tan sequera se chegou a realizar ningún evento XOGADE dentro da asociación deportiva Arenteiro, polo que os nosos xa tiñan ganas de abandoar as aulas temporalmente e rodar un pouco polas carballeiras do Carballiño. E non o fixeron tan mal! Un dos nosos quedou en primeira posición dentro da súa categoría, moitos parabéns! |
|||
No pasado 11 de maio os nosos estudantes tiveron a oportunidade de asistir a unhas charlas sobre sustancias e conductas adictivas levada á cabo por membros da Guardia Civil así como persoal especialista neste tema. Ademais, os nosos escoitaron de primeira man as testemuñas de varias persoas ligadas a Alcólicos Anónimos que nos puideron contar en primeira persoa as súas experiencias con este tipo de sustancias e as terríbeis consecuencias que tiveron nas súas vidas. Os alumnos tiveron ocasión posteriormente de facer preguntas e apreciacións aos participantes, amosando grande interese e respecto polo tema. Dende o IES Chamoso Lamas agradecemos enormemente a participación dos poñentes pola súa franqueza, sinxeleza e claridade á hora de tratar temas tan delicados como o de hoxe. |
|||
Durante o curso 2021/2022 puidemos desfrutar durante os recreos de actividade física non regulada (mediante o préstamo de material deportivo para facer actividade deportiva libre) e regulada mediante diferentes competicións organizadas polo departamento de Educación Física. Nas ligas participou tanto o alumnado de todos os cursos e modalidades así como o profesorado. Entre elas destacamos as seguintes: - Brilé (primeiro trimestre). - Bádminton (segundo trimestre). - Baloncesto (terceiro trimestre). - Vóleibol (terceiro trimestre). - Fútbol (terceiro trimestre). |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
