Na última xornada de clases antes das vacacións de nadal a Biblioteca do centro xunto con outros departamentos decidimos organizar un pequeno campionato de fútbol mixto entre os alumnos de 1º a 4º da ESO. En total participaron 8 equipos, un por cada nivel dentro de cada curso, cada un representando un dereito humán previamente traballado cos respectivo titores nas sesións de titoría. Durante o campionato, disposto en formato de clasificacións cuartos-semifinais-final os deportivas amosaron un gran nivel competitivo, con momentos de tensión, alegría e tristura pola derrota. Con todo, os valores deportivos respectáronse en todo momento grazas ao dúo arbitral composto por dous alumnos de 1º de Bacharelato que participaron de maneira totalmente desinteresada. O público animou con fervor e lealdade aos equipos das súas clases, e os titores actuaron como os adestradores das súas respectivas clases. A final foi apaixoante, cun desenlace propio do Campionato do Mundo de Fútbol cunha tanda de penalties da cal resolveu victorioso o equipo de 1º da ESO A, dende logo o equipo revelación do campionato. Moitos parabéns e grazas a todas as persoas que fixestes posíbel este campionato! |
|||