Dinamización Lingua Galega

Visita a Ourense e Trasalba


          O martes, 7 de marzo, un grupo de cincuenta e catro estudantes de 2º de bacharelato do IES Castelao, acompañados de 3 profesores dos departamentos didácticos de Lingua Galega e Lingua Castelá,  fomos de excursión a Ourense e a Trasalba para realizarmos o roteiro d’A esmorga, na cidade das Burgas, e visitarmos a casa museo de Otero Pedrayo no lugar de Cima de Vila en Trasalba, concello de Amoeiro.

[Clica aquí para seguir lendo]

Youtubeir@s-Concurso de vídeos na rede en galego

Do 1 de decembro de 2016 ao 28 de abril de 2017 quenes teñades máis de 14 anos poderedes participar neste concurso organizado, entre outros, pola Universidade de Vigo no que hai 4.000 euros en premios. Consulta as bases neste enlace (os menores de idade deberedes achegar unha autorización que se descarga no apartado "inscríbete").

 

Recoméndocheunlibro, vídeos premiados

Vídeos gañadores do premio "O ollo de vidro" (fai clic aquí para consultar o ditame do xurado):

Premio do público Premio do xurado

Premio do público: Uxía Couselo Rodríguez e María Prieto Iglesias  (alumnas do IES Castelao) pola súa recomendación do libro Cartas de Inverno, de Agustín Fernández Paz.

Premio do xurado. Por unanimidade, outórgase este premio a Paula Durán Magalón (alumna do IES Castelao), pola súa recomendación do libro Hasta siempre mi amor, de Jojo Moyes.

A entrega de premios, un libro electrónico por categoría, realizarase o vindeiro martes 31 de maio ás 20:00h, durante a celebración da festa-concerto de final de curso na Escola Oficial de Idiomas de Vigo (Avda. Martínez Garrido, 17).

Gañadores do Certame Letras Galegas 2016

http://santabaia.es/wp-content/uploads/2016/03/11219653_1035379146494277_8419155751398047596_n-manuel.jpg                                                                                                   
Certame das Letras Galegas 2016   GAÑADORES                 

MODALIDADE CÓMIC

1º   PREMIO: Aarón  Hernández, de 4º PDC, por  “Máis terror que desta non haberá”
2ºPREMIO: Julia Alonso, de 4º ESO A,  por “Hortalizas e humanos”

MODALIDADE  POESÍA

1º PREMIO: Iván Fernández López, de 2º Bac C, por “A voz de Gaia”
2º PREMIO: Deserto

MODALIDADE  NARRATIVA

Debido á calidade dos traballos presentados, o Xurado decidiu conceder nesta modalidade, ademais do 1º e 2º premio, un  accésit.

1º   PREMIO: Tais González, de 2º ESO B, por “O reloxo de catro agullas”
2º  PREMIO: Samuel Fernández, de 2º ESO B, por “Seguir vivindo”
ACCÉSIT:  María Carrera, de 4º da ESO A,  por  “Amencer de sangue”

PARABÉNS!

Letras Galegas 2016: Manuel María

O venres 13 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato vai participar nunha sesión con Serafín Marcos para profundizar, dunha maneira divertida, na figura de Manuel María, autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras.  Seguro que nolo pasamos moi ben!

 

Certame das Letras Galegas 2016

 

 Xa se achega a festa das nosas Letras e, coma outros anos, o Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización do centro convocan o "Certame das Letras Galegas 2016".  Poden participar todos os alumnos do centro en calquera das tres  modalidades convocadas: poesía, narrativa e cómic.  Ánimo e sorte!

Preme aquí para ver as bases completas.

 

Recital AldaoLado

Preme para ver a foto ampliada

O 25 de febreiro no salón de actos do centro, as poetas María Lado e Lucía Aldao presentaron aos alumnos de 2º ESO A e B e a 4º ESO A un recital de poesía nun formato completamente diferente ao habitual. Combinaron o recitado de poemas propios con  música en directo e divertidas historias relacionadas coa súa actividade de poetas ou coa vida mesma.

Día de Rosalía 2016

 

Preme para ver a foto ampliada  

Un ano máis, celebramos no centro  o 24 de febreiro, día en que nace Rosalía de Castro en 1837, realizando diversas actividades co noso alumnado. Este ano, ademais do recitado de poemas nas aulas, os alumnos de 1º e 2º da Eso elaboraron colaxes e caligramas cos versos de “Adiós, ríos, adiós, fontes”, que expuxemos no vestíbulo.

Distribuir contido