A festa da Coca en Redondela


     A coca é un ser mitolóxico que vive nas augas do mar ou dos ríos. Ten corpo de dragón, cola de serpe e do lombo sáenlle dúas ás enormes de morcego.
     Conta a lenda que saía de vez en cando e raptaba as mozas máis fermosas do lugar para levalas  á súa cova, tras aparecer varias veces por Redondela, o pobo, xa cansado disto, decidiu xuntar  aos  24 mariñeiros máis fortes para ir matar o dragón.  Unha vez foron ao seu encontro e conseguiron derrotalo, levárono á vila, xunto coas mozas que liberaran, e alí xuntando as súas espadas,  comezaron a danzar ao redor do dragón. A primeira data desta celebración é do S.XVI .
     Cada ano para lembrar este feito, e coincidindo coa celebración relixiosa do Corpus Christi,  faise unha representación do que debeu ser este día,  24 mozos redondeláns representan os mariñeiros, e dúas meniñas, as penlas, bailan alegres ao seu redor subidas enriba das burras (mulleres que as cargan nos seus ombreiros) acompañados do son dos músicos. A noite antes, con motivo do Corpus Cristi, decóranse as rúas con alfombras de flores e area polas que pasa a procesión e bailan os mozos.


Paula Hernández Rubín - 1º Bac A adultos