Curso 2014/2015

Boneca de trapo

Pobre neniña,
Pequena e lambona,
Antes fermosa,
Agora unha boba.

Choraches por algo
Que non merecía.
Choraches sen pausa
Ata que amencía.

Antes riquiña,
Risoña e alegre,
Neniña pequena,
Neniña estridente.

Canto gustába
Ver teu sorriso.
Canto gustába
Verte fermosa.

Neniña de trapo,
Feita muller.
Se segues chorando
Vaste perder.

Veste no espello,
Veste gordona.
 Veste moi grande
E moito lambona.

Dime neniña,
Que che fixeron?
A xente malvada
Que dano trouxeron.

 

 Iván Fernández López - 1º  Bac B

1º PREMIO  DE POESÍA

Distribuir contido