Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Contratos - programa

Quérote + 2022-2023

QUÉROTE +

 

 

Neste curso 2022/23 levamos a cabo o proxecto interdisciplinar de educación sexual do programa Quérote+ para o alumnado de 3ºESO e FP básica.

A través dunha serie de actividades realizadas nas diferentes materias, pretendeuse aportar ferramentas ao noso alumnado para o seu crecemento e maduración no ámbito da educación sexual, da convivencia entre os sexos e da diversidade sexual.

A continuación mostramos as diferentes actividades realizadas polo alumnado ao longo deste curso.

 

1ª Actividade: Presentación do recurso Quérote +

A inicios do mes de Decembro de 2022, realizamos en cada unha das clases participantes unha breve introdución ao programa Quérote+, así como ao recurso público que supoñen estes centros. Os mozos e mozas poden realizar consultas confidenciais e anónimas ao equipo profesional destes centros por diversas vías (telefónica, email, presencialmente, consulta anónima, etc.). Toda a información a poden atopar a través da web http://xuventude.xunta.es/querote-mais

Probamos a realizar unha serie de consultas anónimas utilizando o recurso web.

 

2ª Actividade: A educación sexual

Na materia de “Lengua Castellana y Literatura”, tamén a finais de decembro, levouse a cabo esta segunda actividade. O alumnado propuxo unha serie de palabras relacionados coa sexualidade sobre as cales se reflexionou posteriormente, realizando un debate e intercambio de opinións. Comentouse tamén a importancia de recibir unha educación sexual axeitada, e reflexionouse sobre as fontes actuais de información.

 

 

 

3ª Actividade: A orientación do desexo e a identidade sexual

Nesta actividade visualizouse unha serie de vídeos sobre a diversidade sexual (identidade sexual, orientación do desexo e seres sexuados) e, tras clarificar os conceptos realizáronse unha serie de carteis e pósters para sensibilizar sobre esta temática.

Establecéronse unha serie de lemas de sensibilización amosados cun soporte gráfico.

 

Para ver máis exemplos dos traballos realizados pódese ver no seguinte enlace: https://drive.google.com/drive/folders/1iLXmhfJJfWWRgHF60-UCB9wJGIVj2Hpo?usp=sharing

 

 

4º Actividade: O modelo de amor romántico

Na materia de Xeografía e Historia, así como na de Ámbito Lingüístico, realizouse en xaneiro a actividade número 4 para tratar a temática do amor como sentimento, e da existencia dun “modelo social dominante”.

Iniciouse cunha introdución na que se relacionou na aula o “canon” típico no arte do que son o home e a muller, así como o amor romántico como mito e concepto histórico que aínda repercute no presente. A continuación, fíxose unha análise oral entre todo o grupo sobre as consecuencias deste concepto histórico.

Seguidamente, o alumnado investigou sobre as mensaxes recibidas a través de diversos medios sobre o amor romántico, como por exemplo música, series ou películas.


 

 

 

5º Actividade: A relación dos sexos a través da Tecnoloxía

Nesta actividade, o alumnado comentou e debatiu na aula unha serie de enunciados coa temática das relacións nas redes sociais. Achegaron as súas opinións e reflexións sobre o tema.

 

 

6ª Actividade: Cultivando habilidades

Para por de relevancia a facilidade coa que o noso contorno pode influír na toma de decisións, realizouse en maio esta sexta actividade.

Durante esta actividade, realizáronse unha serie de representacións teatrais de situacións nas que unha persoa exerce presión sobre outra, para logo comentar en reflexionar sobre o observado na escena.

A presión de grupo relacionada tamén co consentimento no ámbito sexual, púxose de relevancia vendo o vídeo de “Consentimiento sexual explicado con té”.

 

7ª Actividade: Aconcepción e concepción

Entre os meses de febreiro e marzo realizouse esta actividade número 7 na materia de Bioloxía e Xeoloxía.

Inicialmente, a actividade introduciuse a través dunha posta en común das prácticas sexuais non conceptivas que coñecían. Comentamos un pouco a gran diversidade das mesmas e finalizamos falando da única práctica conceptiva (a penetración vaxinal). Seguidamente, fixemos de novo unha posta en común dos métodos de protección coñecidos polo alumnado.

A continuación, fixemos unha reflexión sobre a importancia dos métodos de protección non soamente como medio para protexernos dun embarazo non desexado, se non tamén para protexernos das infeccións de transmisión sexual.

Finalmente, o alumnado fixo un traballo de investigación sobre diversos métodos anticonceptivos existentes, profundando nuns poucos exemplos. Deixamos unhas poucas mostras de ditos traballos no seguinte enlace: https://drive.google.com/drive/folders/1iLXmhfJJfWWRgHF60-UCB9wJGIVj2Hpo?usp=sharing

 

8º Actividade: Mostramos o aprendido

 https://www.canva.com/design/DAFlytQUGy0/BITWAvhQjlM01s8YbVDP4g/watch?utm_content=DAFlytQUGy0&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink

Contratos-Programa 2020-2021

O centro ten concedidas este ano as actuacións:

01a. MELLORA DAS COMPETENCIAS CLAVE. COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIA BÁSICA EN CIENCIA E TECNOLOXÍA (CMCT).

Desenvolveranse medidas que incidan na mellora da competencia matemática : actividades da aplicación das matemáticas na vida cotiá ,actividades no centro entre o alumnado onde deberán facer pequenos traballos de investigación , actividades de tipo competitivo entre o alumnado, elaborarase pequenos proxectos por parte do alumnado que se exporán no centro, continuarase co desenvolvemento da "Hora de Cálculo" semanal.

 

01b. MELLORA DAS COMPETENCIAS CLAVE. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.

As medidas incluídas nesta actuación serán : Impulsar un concurso trimestral aos estudantes de 1º e 2º ESO ligado á ortografía e un concurso de Relatos en lingua castelá, elaborar textos (manifestos) relacionados con efemérides concretas, elaborar materiais en formato informático para a mellora no eido ortográfico, saídas a ver algunha obra teatral (se a situación epidemiolóxica actual o permite)

 

3. IGUÁLA-T

Desenvolveranse as seguintes accións :

a) Actividades de formación: Posta en marcha dos obradoiros solicitados e aceptados no curso anterior que non se puideron levar a cabo polo confinamento (a Asociación Nós mesmas impartirá un obradoiro de Diversidade Afectivo-sexual para o alumnado de 1º e de 3º da ESO e de 1º e 2º de Formación profesional básica e a Asociación Arelas impartirá para o profesorado o programa "Diversidade Afectivo-sexual, coñecer para respectar e acompañar).

Actividades dentro dos Plans de acción titorial e do Plan de Orientación Académica e Profesional que acheguen referentes da presenza de homes e mulleres naquelas profesións nas que, por razón de xénero, están infrarrepresentadas/os e as relacionadas co traballo da construción social das relacións amorosas e sexuais na adolescencia, por medio do profesorado titor e co asesoramento e a facilitación de materiais polo departamento de orientación.

b) Mantemento e renovación do equipo de igualdade e diversidade do centro, promovendo os contactos presencias ou telemáticos cos equipos e comandos doutros centros (IES Alexandre Bóveda, IES Ricardo Mella, IES Luis Seoane...) e promovendo a dinamización do centro en materia de igualdade.

c) Celebración das IV Xornadas "Formándonos en Igualdade do IES do Barral"

d) Revisión e/ou aplicación de criterios coeducativos ós materiais didácticos e ós documentos do centro para garantir o emprego dunha linguaxe inclusiva e a presenza de referentes femininos e poñendo en valor e achegando co noso comportamento aqueles referentes masculinos positivos.

e) Charlas coas familias sobre os factores protectores no ámbito familiar para a prevención da violencia de xénero e para establecer pautas de coeducación e de exemplo positivo nas casas.

 

4. CON-VIVE

Desenvolveranse as seguintes accións:

1. Desenvolvemento dende o PAT de actuacións dirixidas á formación do alumnado en estilos de afrontamento pacíficos aos conflitos e mediante a súa práctica utilizando como medio as axendas orientadoras naqueles grupos con maior probabilidade de xorder conflitos.

2. Utilización de materiais nas diferentes materias que fomenten as competencias sociais e cívicas e de comunicación lingüística no alumnado de bacharelato do centro.

3. Formación do profesorado para a implementación das actividades de formación do alumnado en mediación.

4. Solicitude de formación dun grupo de traballo ó CFR referente á temática de prácticas restaurativas,dentro do PFPP do centro para dar continuidade á formación recibida e suspendida en anos anteriores.

5. Charlas coas familias sobre pautas de disciplina positiva para a resolución pacífica dos conflitos e para promover a autonomía responsable dos fillos e fillas.

 

05. INCLÚE-T

1. Avaliar, atender, orientar e apoiar o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

2. Compra de material para a avaliación psicopedagóxica e para a realización de adaptacións curriculares: Batería DN-CAS (Das Naglieri Cognitive Assesment System), incluida no protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe.

3. Facilitación ó profesorado, tanto en reunións cos equipos docentes coma na aula virtual de orientación dos materiais precisos para a detección, solicitude de avaliación con indicadores cubertos e consenso das pautas de intervención.

4. Traballo coordinado por medio de servizos sociais ou das familias para acadar o apoio no ámbito familiar ás medidas tomadas na contorna educativa.

5. Actuacións para a sensibilización da comunidade educativa en materia de respecto e valor á diversidade e de importancia de establecer deseños universais para a aprendizaxe que favorezan a inclusión de todo o alumnado.

 

06.EDUEMOCIONA

As medidas que se van desenvolver nesta liña son:

1. Formación mediante o PAT en xestión emocional e en competencia social.

2. Desenvolvemento da intelixencia emocional para aprender a aprender (tamén mediante o PAT).

3. Autocoñecemento e autoconcepto como compoñentes da construcción da identidade persoal e promotores da autoestima necesaria para superar situacións que causan unha emocionalidade negativa.

4. Uso de portfolios, en forma de axendas orientadoras, para aqueles grupos formados por alumnado que expresa dificultades e unha emocionalidade que vai en contra da aprendizaxe.

5. Charlas e encontros coas familias para favorecer o desenvolvemento da intelixencia emocional e da competencia social.

 

07. MELLORA DO NIVEL DE COÑECEMENTOS PARA ACADAR A EXCELENCIA ACADÉMICA

Nesta liña:

1. Realizarase un proxecto interdisciplinar en 1º ESO en torno á expedición filantrópica da vacina. O alumnado investigará sobre este fito histórico para buscar solucións á situación actual coa pandemia do covid-19 e difundir a historia da expedición de 1803 facendo memoria de pais .

2. Realizarase un proxecto interdisciplinar en 2º ESO onde se relacionan as matemáticas, as linguas e a música. O produto final será un musical realizado polo propio alumnado.

3. Divulgación dos produtos finais para facer partícipe a toda a comunidade educativa. Utilizarase a páxina web do centro, blogues ou outras ferramentas dixitais . Si a situación epidemiolóxica o permite tamén se representarán e expoñerán os produtos finais de xeito presencial.

 

09. PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA EN HORARIO LECTIVO.

1. EXERCICIOS DE ESTIRAMENTO: adicar 5 minutos de estiramento na aula ó longo da mañá. O alumnado de 4º ESO e Bacharelato artístico tamén creará soporte fotográfico e artístico para as demais aulas.

2. PASO A PASO: camiñar no recreo axudándose dun podómetro para controlar a distancia percorrida. Profesorado e alumnado de 4º da ESO levarán a cabo a supervisión da actividade.

3. MINDFULNESS: exercicios de meditación guiada, usando vocabulario básico en inglés. Realizaranse na aula.

4. ADOPTA UN SEDENTARIO: o alumnado de 4º da ESO dirixirá exercicios relacionados coas capacidades físicas básicas e coordinativas. Estes exercicios van destinados ao alumnado de 3º ESO e 1º de bacharelato, especialmente a aqueles que sexan sedentarios/as.

 

Para máis información, pódese consultar o seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/contratos-programa/actuacions

Contratos-Programa 2019-2020

Na resolución definitiva para a concesión de contratos programa para o curso 2019-2020, ao IES do Barral fóronlle concedidas oito liñas.

O noso centro desenvolverá as seguintes actuacións:

REFÓRZA-T. Modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo

Mellora da Competencia Matemática

Mellora da Competencia Comunicación Lingüística

IGUÁLA-T

CON-VIVE

INCLÚE-T

Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia

PRELIN

Contratos - programa 2018 - 2019

O contrato-programa é unha iniciativa de innovación educativa desenvolvida desde a Consellería para proporcionarlles aos centros docentes públicos unha estratexia de mellora da calidade do ensino. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de conceder ao IES do Barral as seguintes modalidades dos contratos-programa para o curso 18/19:

1. Reforzo, orientación e apoio (PROA) - 1 grupo: Acompañamento escolar fóra do horario lectivo para alumnado de 1º e 2º ESO. 1 grupo: Acompañamento escolar fóra do horario lectivo para alumnado de 3º e 4º ESO e FPB.

2. Mellora das competencias clave - Competencia matemática para alumado de ESO e de FP Básica. Desenvolveranse actividades encamiñadas a conseguir diversos obxectivos, como o aumento da motivación do alumnado cara a materia, a mellora no cálculo mental sobre todo nos cursos máis baixos, a promoción da investigación como fonte de aprendizaxe, a asunción da existencia da matemática na vida cotiá e o desenvolvemento de estratexias de resolución de problemas. 

3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros. Nesta liña seguiremos traballando coa mediación como método para a resolución de conflitos, para isto levaremos a cabo a formación do novo alumnado mediador durante dous días, por concretar, en horario de 16:00-19:00h.

Seguiremos utilizando as prácticas restaurativas como elemento para promover o sentido de comunidade entre o alumnado.

E seguiremos traballando en temas de promoción da igualdade.

5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia académica. Levaremos a cabo o acondicionamento das instalacións exteriores do centro. As actividades estanse a realizar os luns de 15:30 a 16:30.

INICIO DO PROA

As clases de reforzo do PROA, impartense os mércores e xoves de 16:00 a 18:00 h.

PROA

Practicas restaurativas

Distribuir contido