Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Benvida

Benvidos á web do IES do Barral de Ponteareas 2023-2024

 

Como chegar: clic aquí:

Listaxe de admitidos e excluidos da axuda para material escolar 2024-25

A partires do día 11 de xullo están publicadas as listaxes provisionais de axudas material escolar para o curso 2024/25, tanto de admitidos como excluídos.

Segundo a Orde do 7 de maio de 2024 (DOG nº 96 do 20/05/24), as solicitudes que teñan deficiencias ou que carezan de documentación, a persoa solicitante poderá emendar as ditas deficiencias ou remitir os documentos preceptivos no prazo de dez (10) días hábiles dende a data da publicación das listaxes (dende o 12 ao 26 de xullo, ambos inclusive).

As persoas que nas listaxes saian admitidas poderán recoller o cheque material escolar a partir do 11 de xullo. En caso de que a/o solicitante non poida vir recollelo, a persoa que o veña recoller deberá traer unha autorización asinada pola persona solicitante.

As listaxes publicaranse no taboleiro de anuncios do IES do Barral. Tamén poderán consultar o estado da súa solicitude na aplicación fondos libros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) accedendo a través da chave 365, certificado dixital ou conta de usuario da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Libros de texto 2024-2025

Libros de texto das materias que non se acollen ao programa EDIXGAL para o curso 2024-2025

ESO

Bacharelato

MATRÍCULA NO CURSO 2024-2025

APLICACIÓN E INSTRUCIÓNS DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2024-2025
Instrucións matrícula online
Documentación matrícula
 Itinerarios de transporte
Aplicación Matrícula
 
SÓ SE CUBRIRÁ UN FORMULARIO POR ALUMNO/A.
 
Se non reciben o xustificante de matrícula no seu correo, non poden volver facer o formulario
Importante:

O prazo de matrícula rematará o 7 de xullo que, ao ser festivo, pasa ao 8 de xullo de 2024.

O alumnado de FPB deberá cubrir o anexo I e entregalo na secretaría do centro do 24 de xuño ás 9:00 h ata o 4 de xullo ás 13:00 h.

 
 
 

 

Estrea da ópera "Más allá de los filtros"

Chegou o día. Despois de traballar durante todo o curso, o alumnado de 2.º ESO A estreou  con moitos nervios e ilusión a súa ópera "Más allá de los filtros". Foi o 12 de xuño no Auditorio Reveriano Soutullo, en sesión de mañá para os seus compañeiros e compañeiras de FP Básica e 1.º e 2.º de ESO, e pola tarde para as súas familias. Aquí vos deixamos unhas imaxes da representación e un vídeo que resume o magnífico traballo que realizaron desde setembro. Parabéns!   

Graduación 4º ESO 2024

O venres, 21 de xuño celebramos a graduación do noso alumnado de 4º de ESO. O acto de despedida culminou co tradicional baile dos graduados

Cualificacións ABAU

Conseguiuse unha vez mais:

TOD@S os nosos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato que se presentaron ás probas ABAU na convocatoria ordinaria conseguiron superalas. Dende o IES do Barral:

PARABENS A TOD@S!!!

polo voso excelente traballo.

Sentímonos orgullosos de vós e estimulados para seguirmos traballando coa mesma dedicación e intensidade.

       

Semana da Ciencia

Semana da ciencia en Ponteareas. Moitos días de traballo ata que chegou a data. Todo preparado para o gran día e como non podería ser doutro xeito todo foi xenial!! Reciclamos envases, deseñamos pratos de Harvard, tinguimos teas con froita e especias, estampamos con froita e cosemos e creamos marabillosas fundas de libretas. Marabilla… Grazas a todos e a todas!!

II Semana Clásica do IES DO BARRAL

O pasado maio tivemos o pracer de gozar da creatividade do noso alumnado nos obradoiros de cultura grecorromana nos que estiveron traballando arreo para compartirvos o que aprenderan. Parabéns pola vosa implicación e traballo carae et cari discipuli! Vémonos o próximo ano!

Distribuir contido