Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Información e actividades

XORNADAS DE TEATRO CLÁSICO

XXIV Xornadas de teatro clásico. Tui

Semana Clásica

SEMANA CLÁSICA NO IES DO BARRAL

Por primeira vez e grazas ó éxito pola implicación do noso alumnado tivemos o pracer de abrir a porta ó mundo clásico de Grecia e Roma: escribimos en grego e latín, xogamos ao modo romano, botamos as sortes, probamos as tabas e resolvemos enigmas moooi antigos, fixemos nosos propios afeites, coñecemos mulleres de mitos tomar e por fin rematamos coa confección duns pequenos e vistosos mosaicos, ao mesmo tempo que degustamos típicos e deliciosos manxares grecorromanos...a verdade que foi unha semana moi axetreada pero pasounos moi rápido e, o mellor de todo, é que quedamos con tan bo sabor de boca que será a primeira de moitas, así que noraboa polo excelente traballo, non só ó alumnado de Latín de 1º e 3º PDC, senón tamén a todos os que quixestes achegarvos e experimentar o que foi ser grego e romano por un día.

GRATIAS VOBIS AGO ALUMNAE ET ALUMNI !

Εὐχαριστẁ!

IMAXES

Xornadas de teatro grecolatino

O pasado dia 1 de marzo o alumnado 3º ESO PDC e o alumnado de Latín e Literatura Universal de bacharelato asistiron ás xornadas de teatro grecolatino celebradas en Ourense. Aquí tedes reseña e imaxes do evento

Distribuir contido