Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Club de lectura

Albums encantados

Comezamos unha aventura: un novo club de lectura de alumnado do noso instituto e do CEIP Ramiro Sabell.  Fixémolles unha visita o non nos puideron recibir mellor! Grazas @bibliolunares pola acollida, polas ideas, pola ilusión e polas risas. Marchamos para o instituto cheas de enerxía e con ganas de vernos pronto. Marchamos felices co nome que acordamos para o noso club: os albums encantados. @bibliobarral e @bibliolunares soñando xuntas!! Porque compartindo lecturas compartimos vida, medos, soños risas... Facemos Tribo.

  

Club de manga

Non nos chegaba o día e xa está aquí!!

Primeira reunión do club de manga!!! 

Veremos todas as propostas e faremos

plans para compartir tempos e lecturas!!

Vémonos o luns!!

 

 

Literatura botánica

O luns 4 de decembro comezamos un dos clubs de lectura que nos fai máis ilusión. 

Encheremos a biblio de propostas relacionadas coas flores e as prantas.

Encantaríamos contar con familias e todo o persoal do centro.

Teremos poesía, novela, herbarios, libro ilustrado...

E unha proposta final que poderemos compartir e desfrutar xuntas.

Imposible non atopar algo suxerente!

Por favor, cubride este cuestionario se vos apetece asistir

 

 

Poesía e lectura dende as marxes

Comezamos cos dous orimeiros grupos do club de lectura: Poesía e lectura dende as marxes.

No grupo de poesía faremos un percorrido por diferentes temas literarios e en  Dende as marxes buscaremos ler libros que desafíen os nosos límites sociais e/ou intelectuais. Por iso exploraremos diferentes temas marxinan moitas veces e condenan a ler dende as marxes. Porén, nesas marxes é posible facer comunidade e desdibuxar os límites que nos oprimen.

Dirixido a alumnado de 4º da ESO, 1 BAC e 2º BAC.

O venres 20 tivemos a primeira reunión pero ainda estás a tempo de apuntarte

 

Distribuir contido