Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Benvida

Benvidos á web do IES do Barral de Ponteareas 2024-2025

 

Como chegar: clic aquí:

REGUEIFA

O pasado venres, 11 de outubro, na biblioteca do instituto, un grupo de alumnos e alumnas de 2º. ESO tiveron oportunidade de aprender e gozar co regueifeiro Josinho da Teixeira.
A segunda xuntanza será o 25 de outubro. Regueifaremos con Pinto D´Herbón.

 

Novas propostas

 

 

 Novas propostas para este curso!!

Non dubidedes en participar 

ou preguntar calquera cousa 

na dirección de correo da 

biblioteca ou chamando ao 

teléfono do centro.

Agardando por vós!!!

 

 

 

 

Listaxe de admitidos e excluidos da axuda para material escolar 2024-25

A partires do día 11 de xullo están publicadas as listaxes provisionais de axudas material escolar para o curso 2024/25, tanto de admitidos como excluídos.

Segundo a Orde do 7 de maio de 2024 (DOG nº 96 do 20/05/24), as solicitudes que teñan deficiencias ou que carezan de documentación, a persoa solicitante poderá emendar as ditas deficiencias ou remitir os documentos preceptivos no prazo de dez (10) días hábiles dende a data da publicación das listaxes (dende o 12 ao 26 de xullo, ambos inclusive).

As persoas que nas listaxes saian admitidas poderán recoller o cheque material escolar a partir do 11 de xullo. En caso de que a/o solicitante non poida vir recollelo, a persoa que o veña recoller deberá traer unha autorización asinada pola persona solicitante.

As listaxes publicaranse no taboleiro de anuncios do IES do Barral. Tamén poderán consultar o estado da súa solicitude na aplicación fondos libros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) accedendo a través da chave 365, certificado dixital ou conta de usuario da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Libros de texto 2024-2025

Libros de texto das materias que non se acollen ao programa EDIXGAL para o curso 2024-2025

ESO

Bacharelato

Estrea da ópera "Más allá de los filtros"

Chegou o día. Despois de traballar durante todo o curso, o alumnado de 2.º ESO A estreou  con moitos nervios e ilusión a súa ópera "Más allá de los filtros". Foi o 12 de xuño no Auditorio Reveriano Soutullo, en sesión de mañá para os seus compañeiros e compañeiras de FP Básica e 1.º e 2.º de ESO, e pola tarde para as súas familias. Aquí vos deixamos unhas imaxes da representación e un vídeo que resume o magnífico traballo que realizaron desde setembro. Parabéns!   

Graduación 4º ESO 2024

O venres, 21 de xuño celebramos a graduación do noso alumnado de 4º de ESO. O acto de despedida culminou co tradicional baile dos graduados

Cualificacións ABAU

Conseguiuse unha vez mais:

TOD@S os nosos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato que se presentaron ás probas ABAU na convocatoria ordinaria conseguiron superalas. Dende o IES do Barral:

PARABENS A TOD@S!!!

polo voso excelente traballo.

Sentímonos orgullosos de vós e estimulados para seguirmos traballando coa mesma dedicación e intensidade.

       

Semana da Ciencia

Semana da ciencia en Ponteareas. Moitos días de traballo ata que chegou a data. Todo preparado para o gran día e como non podería ser doutro xeito todo foi xenial!! Reciclamos envases, deseñamos pratos de Harvard, tinguimos teas con froita e especias, estampamos con froita e cosemos e creamos marabillosas fundas de libretas. Marabilla… Grazas a todos e a todas!!

Distribuir contido