Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Economía

Departamento de Economía

Benvidos á páxina do Departamento de Economía 2023 - 2024

Economía significa comprender o mundo que nos rodea, significa liberdade para elixir e pensar por nos mesmos, sen que nos enganen.

Xefa do departamento:

Jennifer Rodríguez Varela

PROFESORADO:

Jennifer Rodríguez Varela

 


 

 


 

 No departamento de economía hai varias materias:

  •  Empresa e diseño de modelos de negocio en 2º bac na modalidade de ciencias sociais.
  •  Economía de 1º bac na modalidade de ciencias sociais.
  •  Economía e emprendemento (4º de ESO)
  •  Formación e Orientación persoal e profesional
  • Cultura financiera (3º de ESO)

 Achégase unha reseña de cada unha das materias ao final da web.

 

Por que estudamos economía?

A materia permítenos comprender as causas das grandes crises económicas, o desemprego, a inflación. Axuda a comprender o funcionamento dos mercados bolsistas, así como as razóns polas que algúns países son pobres mentres que outros teñen tanto éxito. A economía é o noso presente e o noso futuro.

Economía tamén é saber xestionar as túas finanzas persoais. Aprendemos conceptos básicos como o aforro, consumo responsable ou tipos de gastos; falamos de investimentos (bolsa, fondos de inversión, contas bancarias) ou simplemente de cómo atopar emprego (curriculum vitae, nóminas).

¿E o método? Simple: participamos, facemos actividades e traballos relacionados, aplicamos os feitos á práctica, debatemos, investigamos, colaboramos… e o más importante… pensamos. Reflexionamos sobre a actualidade, o que debe cambiar e o que cremos que pasará. Ao final, debedes saber todos e todas: o futuro está nas vosas mans.

Por se fora pouco, o problema de hoxe é a falta de información nesta área. Un mundo financeiro cada vez máis complexo que necesita de persoas preparadas. Segundo varias noticias, máis da metade dos españois non entenden conceptos financeiros e económicos básicos. Lee a noticia para saber todo.

Distribuir contido