Admisión alumnado
PREMATRÍCULA CURSO 2024-2025
FORMULARIOS DE PREMATRÍCULA
Lembramos que cubrir e enviar este formulario non implica estar matriculado no curso 2024-25.
O prazo para cubrir o formulario de prematrícula vai desde o luns 13 de maio ata o venres 31 de maio
A matrícula formalízase no periodo do 23 de xuño ao 7 de xullo.
No caso de que un alumno/a envie varios formularios só se terá en conta o último enviado
LISTAXES PROVISIONAIS E DEFINITIDAS DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2024/25
O día 25 de abril publicáronse as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do alumnado que solicitou praza para o curso 2024/25. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do IES do Barral.
Así mesmo, os proxenitores dos solicitantes que teñan chave365, certificado electrónico ou DNI electrónico, poderán consultalas no seguinte link:
Admisión alumnado curso 2024-2025
Instrucións para a admisión do alumnado para o curso 2024 - 2025 no IES do Barral
Vacantes
|
Centros
adscritos
|
Servizos
complementarios
|
Prazos
presentación
solicitudes
|
Prazos
baremación
|
Listaxes de
admitidos
e excluídos
|
Prazo de
formalización
da matrícula
|
Nota
informativa
|
Normativa
|
Documentación
a entregar
|
|
Solicitude
de admisión
Anexos
|
Solicitudes de reserva de praza dos centros adscritos ao IES do Barral
SOLICITUDES DE RESERVA ADMITIDAS
PARA O CURSO 2024/25
Están admitidas con praza adxudicada todas as solicitudes de reserva dos centros adscritos presentadas neste IES para o curso 2024/25.
Os proxenitores poderán consultar estas listaxes polos seguintes medios:
1.- No taboleiro de anuncios do IES do Barral
2.- Entrando coa chave 365, certificado dixital o contrasinal de educación na aplicación de admisión: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Unha vez dentro da aplicación deberán ir ao punto 2. solicitudes e dentro de solicitudes, as miñas solicitudes.
3.- Chamando directamente ao CEIP de orixe.