Departamento de Economía
Benvidos á páxina do Departamento de Economía 2024 - 2025
Economía significa comprender o mundo que nos rodea, significa liberdade para elixir e pensar por nos mesmos, sen que nos enganen.
Xefa do departamento:
Jennifer Rodríguez Varela
PROFESORADO:
Jennifer Rodríguez Varela
No departamento de economía hai varias materias:
- Empresa e diseño de modelos de negocio en 2º bac na modalidade de ciencias sociais.
- Economía de 1º bac na modalidade de ciencias sociais.
- Economía e emprendemento (4º de ESO)
- Formación e Orientación persoal e profesional
- Cultura financiera (3º de ESO)
Achégase unha reseña de cada unha das materias ao final da web.
Por que estudamos economía?
A materia permítenos comprender as causas das grandes crises económicas, o desemprego, a inflación. Axuda a comprender o funcionamento dos mercados bolsistas, así como as razóns polas que algúns países son pobres mentres que outros teñen tanto éxito. A economía é o noso presente e o noso futuro.
Economía tamén é saber xestionar as túas finanzas persoais. Aprendemos conceptos básicos como o aforro, consumo responsable ou tipos de gastos; falamos de investimentos (bolsa, fondos de inversión, contas bancarias) ou simplemente de cómo atopar emprego (curriculum vitae, nóminas).
¿E o método? Simple: participamos, facemos actividades e traballos relacionados, aplicamos os feitos á práctica, debatemos, investigamos, colaboramos… e o más importante… pensamos. Reflexionamos sobre a actualidade, o que debe cambiar e o que cremos que pasará. Ao final, debedes saber todos e todas: o futuro está nas vosas mans.
Por se fora pouco, o problema de hoxe é a falta de información nesta área. Un mundo financeiro cada vez máis complexo que necesita de persoas preparadas. Segundo varias noticias, máis da metade dos españois non entenden conceptos financeiros e económicos básicos. Lee a noticia para saber todo.