Proxectos
Semana da Ciencia
Ver esta publicación en Instagram
Grazas ao Concello pola organización, por dar espazo e voz aos centros educativos e por recoller neste video toda a ilusión que vivimos nesa tarde.
Penpals
Impresionante o traballo do alumnado!! Tiñamos un obxectivo: facer que “a nosa contorna” cruzara fronteiras. Apareceu unha oportunidade e decidimos empezar un intercambio de cartas cunha escola de Reino Unido. Comezamos cunha tradición moi británica: as postais de Nadal e a aproveitamos para abrir unha porta para poder mostrarlles como vivimos, como pensamos, como somos... Ahí van no correo cheas de ilusión e xa estamos esperando que as rapazas británicas tamén nos conten. Así aprenderemos como é a súa contorna e a través diso máis da nosa.
Non se pode traballar máis e mellor, con máis ilusión e máis cariño. E isto é só comezo!!
Recoñézome, recoñéceste.
Unha sexualidade sana comenza co coñecemento do propio corpo e do corpo da alteridade. Neste proxecto falamos de facer visible o que está oculto, que a sexualidad gozosa deixe de ser un tabú, para normalizar que nas aulas se fale de sexualidade, para que o alumnado non teña a pornografía como principal fonte de información en cuanto ao sexo se refire. Para dende a expresión artística, dende a creación de imaxes, se produza un diálogo entre o alumnado, entre alumnado e profesorado, entre alumnado e familias, e entre creadores e espectadores. Un diálogo que é preciso que se dea para non estigmatizar a sexualidade e que o sexo non sexa unha arma para dominar ao outro.
Our school and our village
Que mellor xeito de compartir todo o aprendido este curso co mundo enteiro! Canta ilusión e canto esforzo!
Matemáticas, educación física, tecnoloxía e inglés traballando xuntas para coñecer e mellorar a contorna.
Grazas por tanto traballo tan ben feito!!
A nosa contorna
Que podemos facer cando temos moitos libros que xa non podemos usar e unha biblioteca que necesita mobiliario? Puxémonos a pensar e velaí o resultado..!
Roteiro Isabel Zendal
Soño cumplido ! Seguimos os pasos de Isabel e os expósitos na Coruña... O mellor roteiro coa mellor cofradía de guiadores da historia: Ana González Tizón, Joaquín Pedrido e Antonio López Mariño. Grazas infinitas pola vosa xenerosidade, os vosos brazos abertos e por compartir todo o voso saber con tanta paixón e tanta constancia ao longo do tempo. Voltamos con moito aprendido e ainda se cabe máis ilusión e ganas de embarcarnos novamente nesta travesía que nos ten dado tanto!
Saint Patrick’s Day
Participamos no proxecto de centro "A nosa contorna" a través do baile irlandés. Canto temos en común!
Grazas Edel Duff!! Shall we dance?
Na semana da ciencia
Tarde para compartir momentos e coñecemento. Os proxectos saen á rúa! Parabéns polo excelente traballo!!