Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Xadrez

Xadrez. Curso 2019-2020

TORNEO INTERCENTROS 27 DE FEBREIRO 2020

Xadrez. Curso 2018-2019

 


 

O dia 3 de Xuño celebrouse no IES Pedra da Auga o torneo de xadrez intercentros que, unha vez máis, foi gañado polo noso alumno Antón Rama Hombreiro. Parabéns!!

Aqui tedes unhas imaxes do torneo


 


 

Estas son imaxes do torneo celebrado o 28 de marzo do campionato de xadrez entre os tres centros de Ponteareas

Antón Rama, do IES do Barral, foi o campión absoluto


 


 

O dia 31 de xaneiro celebrouse o primeiro torneo intercentros de xadrez no que, unha vez máis, os nosos alumnos fixeronse cos primeiros postos. Parabens! 

Héctor González Rodiño foi o campión absoluto. Aquí posa co segundo e terceiro clasificados, Antón Rama e Adrián Carpintero. Preme na foto para ver máis imaxes

Xadrez. Curso 2017 - 2018

II TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS DE XADREZ

Praza do Mercado

Na Praza do Mercado de Ponteareas volveuse a celebrar outra xornada do torneo de Xadrez Intercentros de Ponteareas. Como xa vén sendo habitual os nosos campións voltaron a amosar o seu talento e, unha vez máis, ocuparon as primeiras posicións. Parabens!!

Imaxes do evento


 

II TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS DO CURSO 2017-18

Nas instalacións do IES Pedra de Auga celebrouse o segundo torneo de xadrez intercentros do curso 2017 - 18 e, como nas ocasións anteriores, os alumnos do IES do Barral volveron a encabezar a clasificación. Parabéns a todos polo seu excelente traballo. Esta é a clasificación.

 


 

TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS DO CURSO 2017-18

O día 1 de febreiro celebrouse no IES Val do Tea de Ponteareas o primeiro torneo intercentros de xadrez do curso 2017 - 18. Unha vez máis os nosos alumnos deixaron ben claro a súa calidade de xogadores e obtiveron excelentes resultados. Sete dos dez primeiros postos da clasificación foron para participantes do IES do Barral, ademais de, por suposto, a primeira posición. O campión absoluto do torneo foi Adrián Carpintero Muñoz, de 2º ESO B. Parabéns!!

Mira AQUI as imaxes do evento


 

Calendario liga

Grupos liga

Equipo xadrez

La ajedrecista que desafió a Arabia Saudí (Artigo de prensa)

Xadrez. Curso 2016 - 2017

  Campionato intercentros. 1 de Xuño

  


 

 

Cartel anunciador da terceira sesión do torneo intercentros no Concello de Ponteareas

 


 

II TROFEO INTERCENTROS DE XADREZ VAL DO TEA - BARRAL

O pasado 19 de abril celebrouse a volta do torneo intercentros IES Val do Tea - IES do Barral, esta vez nas instalacións do noso instituto. De novo os tres primeiros postos foron ocupados por alumnos do IES do BARRAL, que recibiron sendos premios e diplomas de mans do director, Álvaro Groba. Unha vez máis, PARABENS!!!

O campión absoluto: Adrián Carpintero, de 1º ESO C

 

Brais Casares, o segundo clasificado:

 

E Francisco González, o terceiro:

IMAXES DO TORNEO E OS PARTICIPANTES:

 


 

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA


TORNEO INTERCENTROS DE XADREZ IES VAL DO TEA - IES DO BARRAL

No IES Val do Tea celebrouse o día 31 de xaneiro o primeiro torneo intercentros de xadrez con magníficos resultados para os nosos alumnos, que acadaron todas as primeiras posicións. Non só os tres primeiros clasificados eran alumnos do IES do Barral, senon que dos seis primeiros postos, cinco foron ocupados por alumnos do noso centro. PARABÉNS, CAMPIÓNS!!!

CLASIFICACIÓN FINAL DO TORNEO:

O CAMPIÓN ABSOLUTO DO TORNEO, BORJA FORTES, DE 2º ESO B DO IES O BARRAL

O SEGUNDO CLASIFICADO, ANTÓN RAMA DE 1º ESO C, IES DO BARRAL:

E O TERCEIRO, HUGO VALLEJO, DE 1º ESO A, IES DO BARRAL:

iMAXES DO TORNEO:


 VISITA DE YUDANIA HERNÁNDEZ

O día 3 de Novembro visitounos no IES a Mestra Internacional feminina de xadrez Yudania Hernández, campiona de Cuba e dúas veces campiona de España, que representa a España nas Olimpíadas de Xadrez. Yudania impartíu unha lección aos alumnos da materia de xadrez e xogou unhas partidas simultaneas no vestíbulo do instituto.

 

Distribuir contido