Club de lectura
Albums encantados
Comezamos unha aventura: un novo club de lectura de alumnado do noso instituto e do CEIP Ramiro Sabell. Fixémolles unha visita o non nos puideron recibir mellor! Grazas @bibliolunares pola acollida, polas ideas, pola ilusión e polas risas. Marchamos para o instituto cheas de enerxía e con ganas de vernos pronto. Marchamos felices co nome que acordamos para o noso club: os albums encantados. @bibliobarral e @bibliolunares soñando xuntas!! Porque compartindo lecturas compartimos vida, medos, soños risas... Facemos Tribo. |
Club de manga
Non nos chegaba o día e xa está aquí!! Primeira reunión do club de manga!!! Veremos todas as propostas e faremos plans para compartir tempos e lecturas!! Vémonos o luns!!
|
Literatura botánica
O luns 4 de decembro comezamos un dos clubs de lectura que nos fai máis ilusión. Encheremos a biblio de propostas relacionadas coas flores e as prantas. Encantaríamos contar con familias e todo o persoal do centro. Teremos poesía, novela, herbarios, libro ilustrado... E unha proposta final que poderemos compartir e desfrutar xuntas. Imposible non atopar algo suxerente! Por favor, cubride este cuestionario se vos apetece asistir |
|
Poesía e lectura dende as marxes
Comezamos cos dous orimeiros grupos do club de lectura: Poesía e lectura dende as marxes. No grupo de poesía faremos un percorrido por diferentes temas literarios e en Dende as marxes buscaremos ler libros que desafíen os nosos límites sociais e/ou intelectuais. Por iso exploraremos diferentes temas marxinan moitas veces e condenan a ler dende as marxes. Porén, nesas marxes é posible facer comunidade e desdibuxar os límites que nos oprimen. Dirixido a alumnado de 4º da ESO, 1 BAC e 2º BAC. O venres 20 tivemos a primeira reunión pero ainda estás a tempo de apuntarte
|