Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

O IES do Barral nos medios

Revista EDUGA: Embarcámonos pola inclusión

Artigo das profesoras Alejandra Souto, Lucía Mazaira e Aia Rodríguez que explica o traballo realizado no IES do Barral no terreo da inclusión

Pleno infantil na TVG

O pleno infantil celebrado o dia 19 de novembro de 2021 no Concello de Ponteareas con presencia de alumnos do IES do Barral foi recollido no programa da TVG "A Revista". Pódese ver de novo o programa no seguinte enlace.

Revista EDUGA Un centro preocupado pola convivencia

Artigo das nosas compañeiras Miryam Garabal e María Iglesias sobre as súas experiencias coas prácticas restaurativas no IES do Barral

As forzas da natureza

O catedrático de ensino secundario Enric Ripoll Mira, profesor de Física e Química no IES do Barral, ven de publicar un artigo na Revista Galega do Ensino que contén un conxunto de unidades didácticas con multitude de simulacións e xogos interactivos co obxectivo de facilitar a aprendizaxe activa do alumnado.    

A TVG transmite en directo a confección de alfombras florais dende o IES do Barral

O xoves 25 de abril DE 2019 o programa "A Revista", da TVG transmitiu en directo, dende a biblioteca do IES do Barral, unha demostración da confección de alfombras florais por parte dos nosos alumnos de 1º de ESO. Mediante distintas conexións, os nosos rapaces e rapazas amosaron como aprenden a seguir a tradición da vila, mantendo unha festa centenaria, a do Corpus de Ponteareas, que está declarada de Interese Turístico Internacional.

Nestes enlaces podedes ver as distintas conexións que se fixeron, sempre en directo, coa biblioteca do noso instituto.

1ª CONEXIÓN

2ª CONEXIÓN

3ª CONEXIÓN

IMAXES DO EVENTO

O conselleiro de economía visita o noso centro

O pasado día 3 de abril de 2019 o conselleiro de economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde, fíxonos unha visita para manter un encontro cos alumnos de bacharelato. O diario dixital "NOTICIASDE" fíxose eco da noticia.

A alfombra floral do IES o Barral no Faro de Vigo

Os estudantes de intercambio de Tuam (Irlanda) aprenderon no noso centro a facer alfombras florais. Os estudantes de Erasmus + tamén asistiron a un partido de fútbol gaélico participando con alumnos de cuarto de ESO dos tres institutos de Ponteareas. O xornal Faro de Vigo fixo unha crónica da xornada, e o dixital Comarcas na Rede tamén recolleu o evento.

Torneo intercentros de xadrez

O noso alumno Adrián Carpintero, do IES do Barral, gañou o campionato intercentros de xadrez celebrado no IES Val do Tea de Ponteareas. A noticia foi recollida polo diario dixital Comarcas na Rede

A compostaxe

Mais de 100 alumnos do noso centro asistiron a un obradoiro de compostaxe no Plan Revitalizate da Deputación de Pontevedra. Diversos medios de comunicación diron conta deste feito explicando o desenvolvemento das actividades e a importancia desta iniciativa medioambiental.

Presentación do camiño escolar no concello. Faro de Vigo

Os alumnos que traballaron no proxecto de camiño escolar no marco de LUDANTIA presentaron no Concello todos os deseños elaborados neste curso académico, que incluen planos do espazo, estudos sobre itinerarios e unha maqueta do camiño. A exposición foi seguida con atención polos representantes do Concello. Este é o artigo que publicou o Faro de Vigo sobre o evento.

Distribuir contido