Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Novas

Estrea da ópera "Más allá de los filtros"

Chegou o día. Despois de traballar durante todo o curso, o alumnado de 2.º ESO A estreou  con moitos nervios e ilusión a súa ópera "Más allá de los filtros". Foi o 12 de xuño no Auditorio Reveriano Soutullo, en sesión de mañá para os seus compañeiros e compañeiras de FP Básica e 1.º e 2.º de ESO, e pola tarde para as súas familias. Aquí vos deixamos unhas imaxes da representación e un vídeo que resume o magnífico traballo que realizaron desde setembro. Parabéns!   

A compañía Barraleiros estreou o 12 de xuño de 2024 "Más allá de los filtros"

Os alumnos de 2.º da ESO A do centro levaron todo o curso 2023-24 traballando nun proxecto educativo moi ambicioso chamado LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje). Esta iniciativa está impulsada polo Teatro Real e consiste en facer unha ópera de xeito cooperativo. A representación estreouse o 12 de xuño no auditorio Reveriano Soutullo en Ponteareas. Realizousee unha representación para alumnado pola mañá e outra para familias e comunidade educativa ás 18:00 horas.

 LÓVA é unha actividade na que todos os alumnos traballan para facer unha ópera. Están divididos por profesións nas que cada un ten que facer unha tarefa determinada. Estas son: produción, rexedoría, comunicación, interpretación, iluminación, composición, caracterización, vestiario e escenografía.

  A compañía, que leva por nome Os Barraleiros, traballou todo o curso 23-24 neste proxecto. Realizaron retos colectivos para coñecerse mellor, elixindo o tema da ópera e a estrutura da historia, así como as características e personalidade dos personaxes, o que non foi unha tarefa doada. Tamén tiveron charlas con profesionais do mundo da ópera que os axudaron a elixir as profesións.

  O tema que centrou a ópera é «Aparentar ser o que non es». Escolleron este tema porque cren que na sociedade de hoxe en día hai persoas que non se mostran como son de verdade por medo a non ser aceptadas e a ser xulgadas.

  Durante o proceso os alumnos e alumnas aprenderon a convivir e traballar en equipo, organizarse, tomar decisións de xeito colectivo e coñecerse mellor. LÓVA non é só unha ópera, senón un xeito de facer voar a súa imaxinación.

  Os alumnos e alumnas presentaron este proxecto nunha reunión ás súas familias o luns 11 de marzo de 2024. Tamén asistiu o concelleiro de educación de Ponteareas, Ricardo González Alonso. Ademais, o día 15 de marzo unha representación de alumnos foron a Madrid a unha reunión de compañías LÓVA. Alí crearon o seu stand e intercambiaron experiencias con outros alumnos e alumnas. Ao final da feira déronlles unhas caixas que contiñan instrumentos musicais e ferramentas que gañaron nun concurso.

  O proxecto contou co apoio do Teatro Real de Madrid, o IES do Barral, a Consellería de Educación e o Concello de Ponteareas, así como coa implicación das familias.

  Noticia elaborada pola equipo de Comunicación de LÓVA

Máis información na revista A Barralista:

https://sites.google.com/iesdobarral.com/barralistalova/inicio

Noticia publicada no Faro de Vigo:

https://www.farodevigo.es/bisbarras/2024/05/18/aparentar-o-non-traves-da-102545899.html

 

 

Parlamento Xove

O pasado sábado 9 de marzo, catro alumnos da materia de Oratoria participaron no concurso de debate Parlamento Xove.
 
O grupo ten ganas xa de volver o ano que ven
 
Podedes ver un deses debates no seguinte video

Visita da escritora Ana Alonso

O xoves 15 de marzo de 2018 a escritora Ana Alonso visitou o instituto para compartir co alumnado de 1º de ESO impresións sobre o seu labor como escritora. En particular, centrouse en "Marea negra", unha historia centrada en valores como a importancia do coidado do medio ambiente.

O encontro convertiuse nun momento máxico e emocionante para todos. Tras comentar o desastre ecolóxico do Prestige, tan presente na obra, Ana Alonso cedeu o protagonismo ás experiencias do alumnado sobre este tema. Creóu un ambiente axeitado para que aflorasen moitas sensacións e vivencias fronte a un desastre medioambiental que o alumnado quixo compartir.

Ana prestouse a adicar varios exemplares.

 

Despediuse coa promesa de seguir recibindo as historias que o noso alumnado quixera compartir con ela, quizá para unha nova novela...

Ofrecémosvos unhas imaxes do encontro

 

VIII concurso de relatos

BASES do VIII concurso de relatos do IES do Barral no curso 2017-18

Visita Fernando Lalana

O día 30 de Marzo de 2017 estivo no IES do Barral o escritor Fernando Lalana. Estas son unhas imaxes da súa visita ao noso centro

VII concurso de relatos IES do Barral

 
Unha vez mais, e xa son sete, celebramos o concurso de relatos no IES do Barral, anímate a formar parte da nosa "parede da fama literaria"
Consula AQUÍ as bases do concurso.
Este curso académico contaremos coa presenza do escritor F. Lalana, o cal charlará co alumnado sobre a súa actividade literaria, asinará as súas obras e nos acompañará na entrega de premios aos galardonados deste curso.

VI CONCURSO DE RELATOS

 

BASES DEL VI CONCURSO DE RELATOS  I.E.S. DE PONTEAREAS

 

El Departamento de Lengua Castellana y Literatura del I.E.S. De Ponteareas convoca el VI Concurso de Relatos.

 

1. Participantes: podrá participar todo el alumnado matriculado en el curso 2015-2016 en el I.E.S. De Ponteareas.

 

 

 

2. Categorías:    A) 1º y 2º de E.S.O.

 

                         B) 3º y 4º de E.S.O. y F.P.B I y II

 

 

 

3. Presentación: Serán relatos originales e inéditos, de tema libre, con una extensión mínima de una página y máxima de cuatro, en folios Din A4 escritos con letra Arial (tamaño 12) con interlineado a doble espacio.

 

Los trabajos serán entregados en un sobre grande cerrado, donde figurará el pseudónimo elegido y el curso. En el interior del sobre se incluirá otro más pequeño, también cerrado, con el nombre, apellidos y curso del participante. Habrá sobres a vuestra disposición para tal fin en conserjería.

 

No se admitirán trabajos que no se ajusten al formato y al plazo establecido.

 

 

 

4. Plazo: Los relatos deberán ser entregados antes del 5 de MAYO en conserjería.

 

 

 

5. Premios: Diplomas acreditativos, libros y material escolar (material de escritura, almacenamiento de datos...).

 

 

 

6. Entrega de premios: La entrega de diplomas y premios a los ganadores del Primer Premio y al Accésit de cada una de las categorías tendrá lugar el 26 de MAYO.

V concurso de relatos IES de Ponteareas

 

 

 

Deixo o vídeo do obradoiro de teatro realizado por Xurxo Troncoso e da entrega de premios do V Concurso de relatos do IES de Ponteareas. Moi bo traballo, rapazas e rapaces: é todo un orgullo traballar para e con vós.

 

 

 

Ampliamos el plazo para presentar los trabajos a concurso hasta el día
 25 de marzo.

 
¡¡Os animo a que os presentéis, todos tendréis una gran sorpresa!!
 
Las bases están en el instituto: podéis verlas en el arbolito de la entrada.

 

 

 

Distribuir contido