Actuacións

ACLARACIÓN IMPORTANTE:

Con motivo das dúbidas xurdidas no profesorado en relación coa realización dun Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) específico relacionado con cada actuación na que se participe (apartado 8.1c da Resolución), infórmase que esta medida específica implica a realización dun PFPP único vinculado ao plan de mellora do centro, que inclúa todas as modalidades de contratos-programa solicitadas.

 

1. Mellora das competencias clave.

Descrición da actuación:

Esta actuación incorporará aquelas medidas que incidan na mellora das seguintes competencias clave: Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT) e Comunicación lingüística (CCL) das linguas curriculares impartidas no centro.

Respecto á mellora da competencia Comunicación Lingüística, consideraranse as medidas metodolóxicas para impartir o Currículo Integrado das Linguas incluídas no Proxecto Lingüístico de Centro.

As medidas incluídas nesta actuación serán desenvolvidas por profesorado do centro dentro do horario lectivo.

Destinatarios:

Todo o alumnado de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica.

Obxectivos:

  • Mellorar a competencia matemática, as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía e a competencia en comunicación lingüística.
  • Identificar as dificultades e os problemas do alumnado en relación coas técnicas instrumentais básicas e fomentar o seu seguimento, intervención e mellora nas anteditas competencias.
  • Elevar os niveis de éxito escolar.

2. Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.

Descrición da actuación:

Desenvolveranse medidas específicas nos centros de primaria e secundaria con maiores taxas de abandono escolar temperán e absentismo co fin de reducilas.

Alumnado destinatario:

Alumnado con perfil absentista ou con outras circunstancias que constitúan situacións de especial vulnerabilidade, e que conte con menor motivación e capacidade para aprender.

Obxectivos:

  • Identificar as dificultades do alumnado relacionadas co seu estilo de aprendizaxe e desenvolver hábitos e técnicas de traballo intelectual.
  • Mellorar a adquisición das competencias clave no alumnado en risco de abandono escolar temperán.
  • Aumentar as posibilidades de éxito escolar no ensino obrigatorio.
  • Fomentar a participación de todo o alumnado nas actividades do centro, potenciando a motivación e o interese por continuar os seus estudos.
  • Impulsar a coordinación entre organizacións e institucións da contorna para diminuír o abandono escolar temperán.

3. IGUÁLA-T

Descrición da actuación:

Desenvolveranse accións que interveñan no fomento da coeducación, promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, prevención e tratamento da violencia de xénero, promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual, prevención e tratamento da LGBTIfobia e outras medidas semellantes.

Destinatarios:

Alumnado escolarizado nos seguintes centros:

a) Escolas de educación infantil.
b) Colexios rurais agrupados.
c) Centros de educación infantil e primaria.
d) Centros de educación primaria.
e) Centros de educación especial.
f) Centros públicos integrados.
g) Institutos de educación secundaria.
h) Centros integrados de formación profesional.
i) Centros públicos de educación e promoción de adultos.

Obxectivos:

  • Desenvolver na escola os valores que fomenten a igualdade efectiva entre homes e mulleres, así como a prevención da violencia de xénero ou de actitudes e comportamento discriminatorios pola orientación sexual ou a identidade de xénero.
  • Propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá do alumnado e noutras realidades, e participando, na medida das posibilidades, en iniciativas que busquen cambiar estas situacións.

4. CON-VIVE

Descrición da actuación:

Desenvolveranse medidas que favorezan o clima escolar e as relacións entre os membros da comunidade educativa, actuacións preventivas de condutas violentas ou discriminatorias, actuacións de acollida nos centros educativos, a conciliación ou mediación escolar, a xestión de conflitos, e outras accións similares.

Alumnado destinatario:

Alumnado escolarizado nos seguintes centros:

a) Escolas de educación infantil.
b) Colexios rurais agrupados.
c) Centros de educación infantil e primaria.
d) Centros de educación primaria.
e) Centros de educación especial.
f) Centros públicos integrados.
g) Institutos de educación secundaria.
h) Centros integrados de formación profesional.
i) Centros públicos de educación e promoción de adultos.

Obxectivos:

  • Identificar as incidencias relacionadas coa convivencia no seo da comunidade educativa.
  • Promover un axeitado clima de aula e de centro, considerando as relacións globais entre o profesorado, o alumnado e entre os dous colectivos.
  • Mellorar a competencia social e cívica (CSC).
  • Impulsar a participación colaborativa das familias e doutras institucións e entidades na mellora da convivencia escolar.
  • Promover medidas que fomenten a convivencia positiva.

5. INCLÚE-T

Descrición da actuación:

Desenvolveranse medidas que fomenten e melloren a inclusión no centro dirixidas: á atención á diversidade, á inclusión educativa e social de todo o alumnado, á colaboración con asociacións que traballan na diversidade funcional, ao fomento de recreos igualitarios e inclusivos, ao desenvolvemento de dinámicas de traballo cooperativo, á creación de escolas de nais e pais, e outras medidas semellantes vencelladas á diversidade que pon de manifesto a pluralidade do alumnado.

Destinatarios:

Alumnado escolarizado nos seguintes centros:

a) Escolas de educación infantil.
b) Colexios rurais agrupados.
c) Centros de educación infantil e primaria.
d) Centros de educación primaria.
e) Centros de educación especial.
f) Centros públicos integrados.
g) Institutos de educación secundaria.
h) Centros integrados de formación profesional.
i) Centros públicos de educación e promoción de adultos.

Obxectivos:

  • Favorecer a inclusión dos colectivos máis desfavorecidos, como o alumnado inmigrante, o retornado ou que está en risco de exclusión social.
  • Promover medidas que fomenten a inclusión, desenvolvendo estratexias referidas á inclusión e á equidade educativa.

6. EDUEMOCIONA

Descrición da actuación:

Desenvolveranse accións para a mellora da competencia socioemocional de toda a comunidade educativa que redunde no benestar emocional persoal-social e na súa calidade de vida, así como para o desenvolvemento de estratexias que favorezan o aumento da autoestima e a empatía, a mellora das habilidades comunicativas, o incremento do autocontrol emocional, a superación, a identificación das emocións dos demais e o coñecemento das propias.

Alumnado destinatario:

Alumnado escolarizado nos seguintes centros:

a) Escolas de educación infantil.
b) Colexios rurais agrupados.
c) Centros de educación infantil e primaria.
d) Centros de educación primaria.
e) Centros de educación especial.
f) Centros públicos integrados.
g) Institutos de educación secundaria.
h) Centros integrados de formación profesional.
i) Centros públicos de educación e promoción de adultos.

Obxectivos:

  • Adquirir e desenvolver competencias emocionais (conciencia emocional, autonomía emocional, regulación das emocións propias e alleas...), tanto no profesorado como no alumnado, entendidas como competencias básicas para a vida.
  • Avanzar cara unha educación emocional concebida como un eixe transversal.
  • Potenciar o deseño e implementación de programas de intervención para a  adquisición e desenvolvemento de competencias emocionais.
  • Implicar o profesorado na formación da educación emocional.
  • Mellorar o rendemento académico do alumnado a través da contribución das habilidades emocionais.

7. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Descrición da actuación:

Con esta actuación trátase de dar resposta ao alumnado con maior motivación para aprender. Supón unha medida de atención á diversidade na que se desenvolverán iniciativas de afondamento nos coñecementos do alumnado.

Estas medidas traduciranse na planificación de diferentes obradoiros nos que ao longo do curso se traballará de forma cooperativa nun proxecto co fin de obter un produto final. Pódense canalizar a través desta vía as semanas culturais ou científicas, a participación en programas educativos externos ao centro e, en xeral, o traballo por proxectos.

Destinatarios:

Centros docentes, das tipoloxías que se indican a continuación, que desexen promover a excelencia e que conten con alumnado escolarizado que presenta unha destacada motivación para aprender.

a) Escolas de educación infantil.
b) Colexios rurais agrupados.
c) Centros de educación infantil e primaria.
d) Centros de educación primaria.
e) Centros de educación especial.
f) Centros públicos integrados.
g) Institutos de educación secundaria.
h) Centros integrados de formación profesional.
i) Centros públicos de educación e promoción de adultos.

Obxectivos:

  • Atender o alumnado con maior motivación para aprender ofrecéndolle respostas adaptadas ás súas posibilidades e intereses para avanzar no seu aprendizaxe e na adquisición de competencias.
  • Mellorar os niveis de rendemento e os resultados deste alumnado para desenvolver ao máximo o seu potencial de aprendizaxe e elevar os niveis de excelencia do sistema educativo.
  • Potenciar a adquisición de competencias por medio do traballo por proxectos.
  • Introducir ou desenvolver o traballo cooperativo coma metodoloxía de mellora da calidade educativa en xeral, e optimizadora da aprendizaxe do alumnado, en particular.

8. Mellora da calidade na xestión dos centros

Descrición da actuación:

Conxunto de medidas ou actividades para mellorar a xestión dos centros docentes baseadas na avaliación dos procedementos que se desenvolven neles.

Destinatarios:

a) Escolas de educación infantil.
b) Colexios rurais agrupados.
c) Centros de educación infantil e primaria.
d) Centros de educación primaria.
e) Centros de educación especial.
f) Centros públicos integrados.
g) Institutos de educación secundaria.
h) Centros públicos de educación e promoción de adultos.

Obxectivos:

  • Promover a mellora da calidade da educación por medio da mellora da calidade na xestión administrativa.
  • Implantación efectiva dun sistema de xestión de calidade de cara á súa certificación.
  • Desenvolver un modelo de xestión que permita estandarizar procedementos comúns dos centros.
  • Facilitar a introdución de boas prácticas de xestión educativa.

9. Promoción da Actividade Física en horario lectivo.

Descrición da actuación:

Conxunto de medidas organizativas, metodolóxicas ou de actividades deseñadas para o incremento da actividade física efectiva do alumnado durante o horario lectivo.

Destinatarios:

a) Escolas de educación infantil.
b) Colexios rurais agrupados.
c) Centros de educación infantil e primaria.
d) Centros de educación primaria.
e) Centros de educación especial.
f) Centros públicos integrados.
g) Institutos de educación secundaria.
h) Centros públicos de educación e promoción de adultos.

Obxectivos:

  • Incrementar a actividade física efectiva diaria do alumnado ao longo do horario lectivo.
  • Implantar estratexias e metodoloxías de aprendizaxe que permitan a convivencia da práctica de actividade física co desenvolvemento normal das sesións lectivas.
  • Favorecer e promocionar a práctica de actividade física nos períodos de lecer, dentro e fóra do centro.