Curso 2018-2019

Campionato de cálculo mental

O departamento de Matemáticas, dentro das actividades de dinamización "Divírtete coas matemáticas", convoca un campionato de cáculo mental que comezará o próximo 24 de abril no patio central do institutuo durante o recreo. Para todo o alumnado que queira participar, o prazo de inscrición está aberto ata o próximo 12 de abril. Achegámosvos as bases, que podedes consultar tamén na web do instituto.

Fútbol gaélico

Hoxe o alumnado de 4º de ESO tivo unha práctica de fútbol gaélico con xogadoras e xogadores do Turonia de Gondomar. Puideron coñecer as regras básicas do deporte e fixeron exercicios para achegarse a este deporte que mestura fútbol, rugbi e voleibol. Unha experiencia moi interesante. Ao remate, celebrouse un concurso de “tiro entre paos” no que resultaron gañadores Lucía Domínguez e Hugo Barros, que recibiron como agasallo unha camiseta do club.

Charla da Universidade da Coruña

Este martes 9 de abril o noso alumnado de 2º de Bacharelato asistiu no salón de actos do instituto a unha charla sobre a preinscrición na Universidade e a oferta de titulacións da Universidade de A Coruña.

Calendario de exames, horario de avaliacións e calendario fin de curso de 2º de bacharelato

Calendario de exames, horario de avaliacións e 

Pablo Reñones gañador do "Rosalía sempre viva"

Pablo Reñones gaña o concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva" promovido pola Casa-Museo Manuel María e celebrado o sábado 6 de abril en Outeiro de Rei, Lugo. Participaron mozas e mozos de toda Galicia, e do noso centro acudiron os alumnos Diego Sotos Outón e Pablo Reñones Lema, ambos para recitar poemas de Rosalía de Castro.

Visita ao muíño do Quintas

Hoxe o alumnado de 3ºB de ESO visitou o muíño do Quintas, Segundo o alumno Iago Varela "Sergio fixo moi bos amigos cos nenos e nenas de 3º B e, ademais, gozou de ensinarnos o seu traballo milenario de muiñeiro".
»

Distribuir contido