Fútbol gaélico

Hoxe o alumnado de 4º de ESO tivo unha práctica de fútbol gaélico con xogadoras e xogadores do Turonia de Gondomar. Puideron coñecer as regras básicas do deporte e fixeron exercicios para achegarse a este deporte que mestura fútbol, rugbi e voleibol. Unha experiencia moi interesante. Ao remate, celebrouse un concurso de “tiro entre paos” no que resultaron gañadores Lucía Domínguez e Hugo Barros, que recibiron como agasallo unha camiseta do club. Parabéns! 
Esta é unha disciplina deportiva que se pode practicar a partir dos 14 anos. Os adestramentos son luns e mércores a partir das nove da noite no campo de fútbol de Chaín. 
Animádevos!