Campionato de cálculo mental

O departamento de Matemáticas, dentro das actividades de dinamización "Divírtete coas matemáticas", convoca un campionato de cáculo mental que comezará o próximo 24 de abril no patio central do institutuo durante o recreo. Para todo o alumnado que queira participar, o prazo de inscrición está aberto ata o próximo 12 de abril. Achegámosvos as bases, que podedes consultar tamén na web do instituto. Xogarase por parellas coas cartas e coas regras do concurso superTmatik. Animádevos a participar!

Bases
Campionato de cálculo mental

• Inscricións do 10 ao 12 de abril (anotarse en conserxería).
• Comeza o día 24 de abril no recreo.
• Lugar: o patio central do instituto.
En que consiste?
• Xogarase por parellas coas cartas do concurso superTmatik e coas súas regras de xogo (ver en internet o vídeo " SUPERTMATIK, instrucciones español")
• O campionato terá dúas categorías segundo a idade do alumnado participante.
• O premio, en cada unha delas, consistirá nun vale de 10 € para utilizar na cafetería.
• Mediante sorteo determinaranse as parellas que competirán na 1a eliminatoria. As seguintes estarán formadas polos que queden clasificados. Amosarase o cadro de participación nun taboleiro do patio central o día 23 de abril. Se algún concursante queda sen parella, pasará directamente a seguinte fase eliminatoria.
• En cada unha das partidas, participarán dous alumnos e un árbitro. Éste dará as cartas e garantirá o cumprimento das reglas do xogo.
A función de árbitro poderá desempeñala un profesor ou un alumno que amose coñecemento das regras e sentido de responsabilidade para a tarefa.
• Todas as partidas deberán disputarse en 3 xogos (quen gaña 2 xogos, pasa á próxima eliminatoria) excepto a partir das semifinais, nas que os vencedores teñen que gañar 3 de 5 xogos.