Charla da Universidade da Coruña

Este martes 9 de abril o noso alumnado de 2º de Bacharelato asistiu no salón de actos do instituto a unha charla sobre a preinscrición na Universidade e a oferta de titulacións da Universidade de A Coruña. A actividade, organizada polo departamento de Orientación dentro do Plan de Orientación Académica e Profesional, contou coa presenza de Laura Fraga, psicopedagoga do SAPE (Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante), quen presentou a oferta formativa da universidade e respondeu as dúbidas e consultas do alumnado.