Curso 2019-2020

Vacacións de Semana Santa.

Á volta de Semana Santa, tan pronto como recibamos instrucións, a dirección do centro informará ás familias de como se desenvolverá a terceira avaliación.
A dirección, o departamento de orientación

Encontros virtuais coa Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ao estudantado de secundaria e está organizando os "Encontros Virtuais"  orientados a estudantes de secundaria e ás súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Data das ABAU (convocatoria ordinaria)

A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo.

Xogos de Matemáticas e Lingua Castelá

 Aida Chillón, profesora de Refórza-T, creou estes xogos de Matemáticas e Lingua Castelá para o seu alumnado e para quen queira probar.

Moi importante: remate da 2ª avaliación


1. Segundo as instrucións recibidas, en toda a ESO e en 1º de bacharelato, pecharase a segunda avaliación coas cualificacións obtidas polo alumnado ata o 13 de marzo.

Vías de comunicación co alumnado durante o período de suspensión das clases.

Neste documento (pique aquí: https://bit.ly/2S3XU4a) figuran as vías seguidas polo profesorado para comunicarse co seu alumnado (e viceversa) durante o período de suspensión das clases.

Distribuir contido