Encontros virtuais coa Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ao estudantado de secundaria e está organizando os "Encontros Virtuais"  orientados a estudantes de secundaria e ás súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Os "Encontros Virtuais" da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

Rogámoslle que comunique este enlace dos encontros ó estudantado do seu centro.

A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:

  • Presentacións das titulacións
  • Obradoiros, Retos, etc.
  • Opinión de alumnos/as sobre a titulación
  • Pílulas relacionadas coa titulación
  • Concursos
  • Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.