Moi importante: remate da 2ª avaliación


1. Segundo as instrucións recibidas, en toda a ESO e en 1º de bacharelato, pecharase a segunda avaliación coas cualificacións obtidas polo alumnado ata o 13 de marzo.

2. Durante esta próxima semana formalizarase o remate desa 2ª avaliación.

3. É MOI NECESARIO que as familias descarguen a aplicación Abalar Móbil xa que recibirán as cualificacións do alumnado a través dela. Aquí está o acceso ao vídeo explicativo da descarga e funcionamento da aplicación Abalar Móbil.