Skip to Content

blogue deDirección

Indicacións académicas durante o peche do centro. Valores Éticos.

Porfesora: IRENE DURÁN

  • Ata o 31 de marzo de 2020: O alumnado de Valores Éticos (1º, 2º , 3º e 4º ESO) debe seguir traballando de forma autónoma nos proxectos que están facendo por grupos. Os nen@s xa saben a dirección de correo da profesora e poden mandar os traballos cando vaian acabando. Tamén poden mandar a súa parte de maneira individual, sempre que sexa posible.

En canto ós cuestionarios que tiñan que cubrir (1º, 2º, 3º e 4º ESO), a maioría xa os ten e se lle falta a algún, que contacte coa profesora por correo e xa llo envia. 

Nota importante: Os traballos e cuestionarios remitiranse á profesora, via correo electrónico, antes do día 31 de marzo.

  • A partir do 20 de abril de 2020: Os alumnos de 1º e 2º ESO que cursen a materia de Valores Éticos seguirán traballando a materia a través da aula virtual habilitada para estas materias. Ditas aulas están dentro do Departamento de Lingua Castelá.  

Indicacións académicas durante o peche do centro.

  • PROFESOR: MANUEL ANTELO PAZOS 
O alumnado de matemáticas de 2º da ESO ten que facer os exercicios do libro da páxina 106 á 111, ambas incluídas, durante esta semana. O seguimento e a corrección dos mesmos farase a través da aula virtual.
 
Indicacións académicas durante o peche do centro.

Nota inicial: Adáptase a programación didáctica do terceiro trimestre para o curso 2019/2020.

  • 1º ESO e 2º ESO: Fai clic aquí e consulta as actividades segundo o curso.
  • O alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º e 2º deBac, traballarán a materia seguindo as indicacións enviadas a través de correo electrónico, dado que xa hai establecidos grupos de traballo de clase segundo este medio.

Información do departamento de Orientación para o curso 19/20

Nota inicial: Adáptase a programación didáctica para o terceiro trimestre do curso 2019/2020.

Indicacións académicas durante o peche do centro.

Nota inicial: Adáptase a programación didáctica para o terceiro trimestre do curso 2019/2020.

  • PROFESORA: MARISA COIRADAS TOBA

Seguiranse as dinámicas académicas da materia de Fisica e Química de 2º ESO a través do correo electrónico.

  • PROFESOR: JUAN JOSÉ MAYO MAYO

Seguirase a evolución das materias que imparte a través da aula virtual.

  • PROFESORA: MªJOSÉ PENA

Para os alumnos dos grupos de 4º ESO Física e Química, 1º Bacharelato Física e Química e 2º Bacharelato da materia de Física e da materia de Química.

A materia continuarase actualizando de forma continua a aula virtual. Nela apareceran: boletín de problemas e as súas correspondentes solucións, temas teóricos, vídeos, prácticas, simulacións…, cada un no seu nivel formativo. Os alumnos deben estar pendentes das actualizacións.

Indicacións académicas durante o peche do centro.

O alumnado de 3º ESO poderá continuar o traballo das Matemáticas, tanto académicas como Aplicadas, a través da aula virtual.

Nota inicial: Adáptase a programación didáctica do departamento para o terceiro trimestre do curso 2019/2020.

1º ESO: 

  • Tarefas 16-27 de marzo de 2020: A súa profesora, Montse Vila, encomenda aos estudantes a realización dunha serie de actividades do libro de texto que figuran no documento adxunto. En dito documento, aparecen tamén varios avisos e explicacións que os alumnos han de ter en conta para a elaboración dos exercicios, a revisión da libreta e a planificación dos exames e entregas que quedaron sen facer. Para aqueles que non teñades o libro na casa, pinchade aquí ou consultade o libro dixital de Vincens Vives. Para dúbidas, contactar coa profesora no seguinte enderezo: mvcacheda@gmail.com
  • Corrección tarefas 16-27 de marzo de 2020
  • Tarefas 30 marzo- 03 abril de 2020: fai clic aquí.
  • Corrección das tarefas do 30 de marzo ao 3 de abril, e novos avisos.

2º, 3º (véxase nota aclaratoria), 4º ESO e 1º Bacharelato. 

As profesoras dos respectivos cursos poranse en contacto co alumnado matriculado nos mesmos a través da aula virtual, enviándolles por esta plataforma a partires do luns, 16 de marzo, todas cantas indicacións, temas e actividades sexan necesarios para o correcto avance do curso durante o tempo que dure o peche dos centros educativos. 

2º Bacharelato:

O alumnado debe realizar a lectura da última obra obrigatoria do curso (El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes) e revisar os apuntamentos que xa teñen no seu poder, así como a antoloxía de textos que a profesora lles proporcionou. Se o período de peche se prolonga máis, Montse Vila porase en contacto con eles a través da aula virtual para enviarlles novas instrucións e tarefas. 

Nota aclaratoria: Para os cursos 3º ESO A/B: En caso de ter problemas para acceder á aula virtual, por favor contactade coa profesora (Lara Trillo) mediante o correo electrónico. Na aula virtual, estruturarase a materia en bloques e pautarase un calendario para realizar as distintas actividades, que coincidirán cos días nos que tiñades clase desta materia.

Indicacións académicas durante o peche do centro.

Nota inicial: Adáptase a programación didáctica do departamento para o terceiro trimestre do curso 2019/2020.

1. Tarefas 16 - 30 de marzo de 2020.

Estimados alumn@s:

Deixovos nos seguintes arquivos adxuntos as tarefas que debedes levar a cabo nos vindeiros 15 días para poder seguir avanzado nas diferentes programacións cunha certa normalidade.  Pinchade no arquivo que corresponda ao voso curso e atoparedes tódalas indicacións necesarias e o enderezo electrónico para remitir as tarefas antes do día 30 de marzo.  Nese mesmo enderezo podedes remitirme calquera dúbida que vos poda xurdir e repostareivos o máis axiña posible.  Se a situación se prolongase durante máis tempo, faríavos chegar o seguinte proposta de traballo con novas indicacións e prazos de entrega.  Quedo á vosa disposición.

2. Tarefas 31 de marzo ao 15 de abril de 2020.

3. Tarefas do 15 ao 30 de abril de 2020.

Nota:Dada a confusión que está a haber coa entrega das tarefas, aí vai unha pequena aclaración:

1.  Preferiblemente empregarase o curso virtual para subir os vosos exercicios.  Para elo tedes unha axudiña no seguinte enlace a un video explicativo de como facelo: 

https://www.youtube.com/watch?v=YAcBOg0mcZQ

2.  De resultarvos imposible pola anterior canle, os exercicios deberedes envialos ao seguinte enderezo electrónico:  debuxoraices@gmail.com

 Ánimo e xa veredes como enseguida lle colledes o tranganillo!   

  • 2ºESO: fai clic aquí. Se no tes o libro na casa, consulta este documento.

4. Tarefas do 27 de abril ao 8 de maio de 2020:

5. Indicacións para recuperar algunha das avaliacións da materia:

 6. Tarefas do 11 ao 22 de maio de 2020.

7. Tarefas do 15 ao 31 de maio de 2020.

8. Tarefas do 25 de maio ao 5 de xuño

9. Tarefas do 1 ao 15 de xuño de 2020.

Indicacións académicas durante o peche do centro.

Nota inicial: Adáptase a programación didáctica para o terceiro trimestre do curso 2019/2020.

  • Profesor: Manuel Carande.

Poderás seguir as indicacións para as materias do departamento de Latín e Grego na aula virtual.

  • Profesor: Alexandra Recarey

NOTA IMPORTANTEOs alumnos de 3º ESO A e B que cursan a materia de Cultura Clásica, entregarán todas as tarefas desta materia no enderezo electrónico alexandraprofe11@yahoo.com a partir do día 20/05/2020 .

Distribuir contido

by Dr. Radut