Skip to Content

blogue deDirección

ENTREGA TELEMÁTICA DE NOTAS DA AVALIACIÓN ORDINARIA DA ESO, 1º BACH E CICLO MEDIO

O IES Agra de Raíces informa de que a entrega do boletín das calificacións da avaliación final ordinaria realizarase de maneira telemática mediante a plataforma Abalar Familias o luns 22 de xuño a partires das 20:00 horas. Pregamos paciencia no momento da recepción, xa que probablamente haxa unha saturación das redes.

 

En caso de ter calquera problema, poden poñerse en contacto co centro mediante o teléfono (881 880 486) ou o correo electrónico (ies.agra.raices@edu.xunta.gal).

ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

O IES Agra de Raíces informa de que a semana que vén (martes 23 e xoves 25 de xuño) realizarase a recollida do fondo solidario de libros de texto no centro. Para isto, o alumnado deberá acudir ao centro de acordo cos seguintes horarios:

 

Martes 23

11:00 a 12:00: 3º ESO e 4º ESO

 

Xoves 25

10:00 a 11:15: 1º ESO

11:15 a 12:45: 2º ESO

 

Para evitar aglomeracións, o profesorado titor poñerase en contacto co seu alumnado para organizar a entrega en dúas quendas. Asimesmo, lembramos que os libros de texto deberán vir nunha bolsa co nome do alumno/a e o seu curso.

Pregamos que o alumnado sexa puntual e siga as instrucións do profesorado. Tamén lembramos que se deberán cumprir as seguintes medidas de hixiene: uso obrigatorio da máscara, do xel hidroalcohólico disposto na entrada da aula de referencia, a onde deberá acudir o alumnado na súa quenda correspondente, e manter sempre a distancia de seguridade.

ENTREGA TELEMÁTICA DE NOTAS DA AVALIACIÓN ORDINARIA DE 2º BACH

A entrega de notas da avaliación ordinaria de 2º BACH farase de xeito telemático a través de Abalar Familias. Se non dispoñen desta aplicación para o móbil, poden descargala e rexistrarse, de xeito sinxelo, seguindo as seguintes instrucións.

A avaliación pecharase o día 5 de xuño e a entrega telemática realizarase a partir das 12:30 horas dese mesmo venres.

Pregamos a aquelas familias que teñan problemas coa descarga e/ou instalación de Abalar Familias nos seus dispositivos móbiles, remitan un mail ao correo do centro (ies.agra.raices@edu.xunta.gal) ou chamen ao teléfono do centro (881 880 486).

Información de interese para as probas ABAU 2020

Toda a información relativa ás probas ABAU 2020 na páxina web da CiUG. A continuación tedes algunhas das ligazóns directas a documentos de interés.

Convocatoria Instrucións para alumnos Táboas de ponderación
Resumo convocatoria Instrucións para a matrícula nas probas Vídeo funcionamento ABAU
Datas e horario Modelos de probas para o 2020 Estrutura ABAU
  Presentación ABAU orientadora  

Probas de acceso a ciclos medios

Informamos a aqueles matriculados/as nas probas de acceso a ciclos medios que estas se realizarán o día 10 de xuño. Os prazos detállanse no seguinte documento. Tamén podedes consultar as instruccións.

Recollida libros de texto e devolución dos libros en préstamo da biblioteca

Os alumnos que teñan libros de texto no centro, sexan ou non do fondo de libros, debrán pasar a recollelos antes do día 5 de xuño (incluído). Pregamos comunicación telefónica (881880486) previa á visita para poder axendala de xeito eficiente.

Aproveitarase este desprazamento ao centro para devolver os libros da biblioteca en préstamo, se fora o caso.

Horario e instrucións para a volta ao centro do alumnado de 2º BAC.

A partir do día 25/05/2020 o alumnado de 2ºBAC poderá, de forma voluntaria, acudir ao centro educativo no seguinte horario lectivo.

Queremos facer fincapé en que o alumnado que acuda ao centro deberá respectar en todo momento as indicacións do persoal do centro así coma cumprir coas normas de distanciamento, hixiene e prevención que estean estipuladas. Para iso recomendamos a lectura do seguinte documento, resumo das instrucións publicadas pola Consellería de Educación, no que se recollen as pautas de comportamento durante a estancia nos centros.

Instrucións fin de curso EOI e That's English

Veñen de publicarse as instrucións para a finalización do curso nas EOI así coma do curso That's English. Con respecto ao That's English sinálase que:

a) A avaliación do alumnado de That’s English que teña pendente algún dos módulos non conducentes a certificación farase a partir dos datos obtidos das actividades desenvolvidas por este ao longo do seu proceso de aprendizaxe.

b) No caso de que o profesorado non dispoña de datos suficientes para avaliar este alumnado, poderá realizar tamén, ao longo de mes de xuño, probas e actividades telemáticas que lle permitan obter unha cualificación, de acordo co punto 2 da instrución segunda. A recuperación dos módulos non superados realizarase no mes de setembro.

c) O alumnado dos módulos 4, 8 e 12 realizará as correspondentes probas de certificación nos calendarios que se establezan para a convocatoria ordinaria e extraordinaria, segundo se dispón no punto 3 da instrución terceira.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

No DOG do día 19 de maio de 2020 publícase a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

Prazo de solicitude: remata o 19 de xuño de 2020 (incluído).

Para ter acceso á Orde (co impreso de solicitude) pinche aquí.

Calendario de exames online e entrega de traballos de pendentes

O alumnado con materias pendentes poderá consultar aquí as distintas datas da realización de exames online ou de entrega de traballos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut