Skip to Content

blogue deDirección

Publicación do Protocolo ABAU 2021

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) acaba de publicar o Protocolo de actuación para as ABAU 2021, que inclúe a enumeración das medidas informativas de carácter xeral, as normas de acceso ao centro e á aula, as indicacións para a distribución e permanencia na clase e as medidas específicas de prevención fronte á COVID. Pódese descargar o documento nesta ligazón: Protocolo ABAU 2021

Admisión de solicitudes de reserva de praza dos centros adscritos

Tras a finalización do período de reserva de praza do alumnado procedente dos centros adscritos ao IES Agra de Raíces, comunicamos que todas as solicitudes entregadas foron debidamente rexistradas. Asimesmo, recordamos que o proceso de presentación das solicitudes de admisión comezará o vindeiro luns, 1 de marzo, e rematará o 22 do mesmo mes. 

Educar en tempos de COVID

Os profesores da Universidade de Santiago de Compostela Jesús Rodríguez e Tania Caamaño, xunto co alumnado da materia Deseño e Elaboración de Materiais Didácticos da Facultade de Educación e a deseñadora Antía Bagni, crearon o banco de recursos “Educar en tempos de COVID”, ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón: https://obancoderecursos.wixsite.com/temposdecovid

Trátase dun proxecto colaborativo que ofrece materiais relacionados coa educación, a creatividade, o coidado e a prevención fronte á COVID para todas as etapas educativas, así como para as familias, os docentes e os centros educativos.

"Amor ao galego"

Con motivo do Día da Candeloria e da festividade dos Namorados, a alumna Andrea Iglesias García (2º ESO C) elaborou esta emotiva composición poética dedicada ao coidado e o amor por Galiza, pola súa lingua, pola súa cultura, os seus costumes, o seu folclore, a súa xente..., nunha sensitiva louvanza cara á terra e ás orixes. 

Parabéns a Andrea polo magnífico traballo realizado, así como á súa profesora de Lingua Galega, Anxos Corral, e ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega pola creación, promoción e difusión desta iniciativa entre o noso alumnado. 

Comezo das clases de maneira presencial

Recordamos á comunidade educativa do centro que as clases correspondentes ao segundo trimestre do curso darán comezo o vindeiro venres, 8 de xaneiro, con total normalidade de maneira presencial. 

Aproveitamos a ocasión para desexarvos un feliz ano novo. 

Postal de nadal

O alumnado do IES Agra de Raíces impulsou unha iniciativa para a creación dunha postal de Nadal coa que trasmitir á comunidade os mellores desexos para estas festa e para os tempos que corren. Naceu así a campaña "Os desexos de Fede". O alumno de 3º ESO, Federico Giommarini Uriburu, propuxo intercambiar bos desexos a través da confección de marcapáxinas. A idea foi tan ben acollida, que os compañeiros de 1º ESO acabaron por darlle forma de composición fotográfica aos seus traballos para unha postal de Nadal. Aquí podedes ver, e descargar, o fantástico resultado. Desfrutádeo e boas festas.

 

Premios concursos Prevención COVID 19 e Logo Club de Letras

Despois do cómputo de votos entre os finalistas dos concursos que tiveron lugar este fin de trimestre, presentámosvos aos gañadores.

Concurso de carteis para a Prevención da COVID 19 (Categoría 1º ESO)

Concurso de carteis para a Prevención da COVID 19 (Categoría 3º ESO)

Concurso Logo Club de Letras IES Agra de Raíces

 

 

Vacacións de Nadal e comunicacións co centro durante o período non lectivo

Co motivo da chegada do final do trimestre e as vacacións de Nadal, o centro permanecerá pechado desde o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro (ambos incluídos). Non obstante, atenderanse comunicacións con carácter urxente a través do correo electrónico. 

Aproveitamos para desexar un feliz Nadal a todos os membros da comunidade educativa, recordando a importancia de manter tamén as necesarias medidas de prevención, protección e hixiene, para garantir un regreso seguro ás aulas. 

Entrega de notas da primeira avaliación

A entrega de notas correspondentes á primeira avaliación realizarase o martes, 22 de decembro, ás 10h a través de Abalar Móbil.

Concurso de logos para o Club de Letras 2020/2021

Presentámosvos na seguinte ligazón os traballos finalistas do Concuros de logos para o Club de Letras do IES Agra de Raíces. Podedes votar polos vosos favoritos ata o día 21 de decembro.

Daremos a coñecer o traballo gañador na xornada do 22 de decembro. Esperamos que disfrutedes con esta pequena galería de arte.

Distribuir contido


by Dr. Radut