O pasado 25 de xuño, celebramos o acto de entrega de Premios aos Mellores Expedientes da ESO e 1º BACH, en recoñecemento ao mérito, o esforzo e a constancia duns alumnos e alumnas que demostraron ser brillantes ao longo de todo o curso. Os premiados foron os seguintes:
1º ESO: Carla Martínez Castreje
2º ESO: Lucía López Ovies
3º ESO: Mateo Pérez Soto
4º ESO: Sabela Lema Riveiro
1º BACH: Andrea Rodríguez Mouzo
Tamén tivo lugar a entrega de diplomas aos participantes e gañadores no concurso de Lóxica e Matemática que se ven desenvolvendo ao longo de todo o curso.
Ao acto, presidido pola Directora Belén Pais e dirixido polo Vicedirector Miguel Blanco, asistíu en representación das firmas colaboradoras (ES. Bazarra, CC. Finisterrae, Fersi, Mestura, Ler e Cabo Sport) o xerente da E.S. Bazarra de Cee, D. Julio C. Domínguez. A entrega de premios rematóu cunha actuación musical de música popular galega a cargo dos alumnos do centro Paula Vilela, Sara Sambad e Abel Vilela, que puxeron o punto e final ao curso cós seus arreglos para pandeireta e 3 voces de varios temas tradicionáis.
Parabéns a todos e boas vacacións!

Imaxe dos Mellores Expedientes acompañados da Directora e o Vicedirector

Os participantes e gañadores do Concurso de Lóxica e Matemática acompañados dos profesores Sergio Novoa e José Lago

Paula Vilela, Sara Sambad e Abel Vilela en plena actuación final