Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Latín, Inglés, Matemáticas, Economía, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Grego, Relixión Católica, Filosofía, Música, Sanitaria, Ciencias Sociais, EPVA, Ciencias Naturais, Francés, Tecnoloxía, Olla doutro xeito as Matemáticas, FQ 3º ESO, FQ 4º da ESO, FQ 1º BACH, Física 2º BACH, Química de 2º BACH, 2º BACH CCSS, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO Opción A, 1º BACH CCSS, Exemplo de exames, 4º ESO Opción B, 1º BACH CCSS, 2º BACH CCSS, PENDENTES, Pendentes de 1ºESO, Pendentes de 2º ESO, Pendentes de 3º ESO, Pendentes 1º Bach. MATE I, Pendentes 1º Bach. MATE CCSS I, 1º BACH MATE I, 2º BACH MATE II, 4º ESO Opción B, 4º ESO Opción A, 1º BACH MATE I, 2º BACH MATE II, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, Orientación, Vídeos EF

ola

ola

ACTIVIDADE MINIMITOVÍDEOS (APP)

O Departamento de Latín e Grego está a realizar durante o curso 2022-2023 a actividade chamada "Minimitovídeos" co alumnado de Cultura Clásica de 4º de ESO, en coordinación co Club de Ciencia e os Polos Creativos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do centro e coa colaboración de S.O.S. Clásicas, asociación que reivindica a visibilización das clásicas e unha maior presenza do latín, do grego e da cultura clásica na ensinanza.
A actividade "Minimitovídeos" ten como núcleo a elaboración de pequenos vídeos que reproducen episodios de mitos grecolatinos (en ocasións son un retrato dun personaxe). Os "Minimitovídeos" teñen unha duración media de 10 segundos, non teñen son, non teñen vestiario específico nin case atrezzo. Os vídeos foron dirixidos e filmados polo alumnado, que tamén actuou nos mesmos.
Unha das finalidades que se lle deu a estes vídeos foi a elaboración de dúas aplicacións mediante a utilidade App Inventor, aplicacións que tamén quedarán a disposición do que estea interesado na páxina de dita utilidade.
A finalidade da APP  é propoñer ao usuario un pequeno reto a modo de xogo, no que terá que adiviñar cal é o Mito que se representa en cada vídeo.
A continuación mostramos o código QR a través do cal poderás descargar e instalar as aplicacións no teu dispositivo móbil, e poñer a proba os teus coñecementos sobre Mitoloxía.
MINIMITOVIDEOS1  

      MINIMITOVIDEOS1                                                           MINIMITOVIDEOS2

 

Distribuir contido


by Dr. Radut