Os correspondentes xuvenís somos mozos e mozas, estudantes, no noso caso de 4º de ESO e Bacharelato que, apoiados polo profesorado participante, encargámonos de informar aos demais compañeiros das convocatorias, concursos, actividades, carnés xuvenís, recursos e actividades que poidan ser do seu interese.
No noso centro hai un taboleiro Correpondente que está no corredor de entrada á cafetería, parade a ler cando pasedes. E ademais temos un blog no que engadimos novidades e cousas que poden ser da vosa interese!!!
![](http://xuventude.xunta.es/uploads/proxecta.jpg)
Logo de Correspondentes xuvenís, plan proxecta.
![](/centros/iesagraraices/system/files/u29/IMG-20160210-WA0006.jpg)
Taboleiro Correspondente.
![](/centros/iesagraraices/system/files/u29/FotorCreated_0.jpg)
AgraCorrespondentes en Manzaneda.