EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Secretaría

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O MATERIAL IMPRESO

Informamos ás familias, da nosa Escola, que podedes facer uso de calquera das librarías de Vilalba para imprimir o material impreso que vos está a enviar o profesorado. 

Só tedes que pedir, na libraría, o que hai dispoñible para o alumnado da E.E.I de Vilalba e o nome do titor ou titora do alumno/a.

De Inglés, haberá material dispoñible só para o alumnado de 6º de Infantil (5 anos).

 

As librarías nas que podedes recoller o material son: 

- CARLIN: 982 510 371

- PERGAMINO: 982 511 302

- ANDEL: 982 511 422

 

Se queredes, podedes chamar antes para que teñan preparadas as copias. Todas as copias serán gratuítas e irán a cargo da conta da Escola.

 

 

A E.E.I DE VILALBA FICA NA CASA

Neste período de illamento queremos ter un detalliño para o máis prezado que temos: os nosos nenos e nenas. 

Por iso, deseñamos unhas CASIÑAS PERSONALIZADAS que podedes descargar picando na casiña que aparece abaixo.

Esperamos que vos gusten!!!!

 

TODO IRÁ BEN

 

 

Todo irá ben 

Queridas familias: 

O pasado 13 de marzo, cando soubemos que tiñamos que quedar na casa, probablemente todo o mundo pensamos que á volta das vacacións de Semana Santa iamos “recuperar a vida normal”, mais lamentablemente a realidade non vai ser esa e parece que imos ter aínda para un tempo. Non é unha situación doada para ninguén, cadaquén temos a nosa “historia persoal” e, aínda que gozamos do privilexio de vivir en Vilalba, lugar no que o Covid- 19 semella que foi mais benévolo, é posible que haxa xente coñecida infectada, ou familiares, ou mesmo alguén de nós, mais polo menos estamos aquí. 

Hoxe volvemos a dirixirnos a vós a través desta carta, para recordarvos que con total confianza fagades uso dos correos que tedes nesta páxina web para vos poñerdes en contacto con nós cada vez que queirades preguntar algo ao profesorado, ou se é o caso de que necesitedes algún documento de tipo administrativo, como certificados de escolaridade, por exemplo. Recordamos a quen teñan que matricular a unha filla ou un fillo, que os prazos oficiais están paralizados, polo que iso non vos debe preocupar. 

Estas catro semanas de corentena pesan e poden levar ao desánimo e á desmotivación, mais sabemos que, sobre todo quen tedes fillos, estades facendo todo o posible para que os azos non decaian procurando que a súa vida diaria sexa moito máis levadía, e que estades sendo mamás, papás, mestras, mestres e compañeiras e compañeiros de xogos. 

...dicirvos que TODO IRÁ BEN. 

Apertas fondas, animo e oxalá nos vexamos axiña na nosa Escola. 

                                                13 DE ABRIL DE 2020 

 

CLAUSTRO DA EEI DE VILALBA 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE

Informamos de que, seguindo instruccións da "Consellería de Educación", procederemos a avaliar o 2º trimestre ata o día 13 de marzo (último día de clase presencial do trimestre).

 

Para poder ter acceso ao boletín de información trimestral é preciso que as familias descarguen a aplicación "abalarMóbil" nun móbil ou tablet. 

As cualificacións estarán dispoñibles nesta plataforma, o venres 3 de abril, ás 15:00. Se algunha familia non pode descargar a aplicación, que se poña en contacto co titor ou titora correspondente.

 

Para acceder á aplicación, clicade na imaxe que se amosa a continuación:

 

 

Se tedes dificultades para a súa descarga deixamos dous manuais, en galego e castelán. Podedes acceder picando enriba deles:

- Guía "abalarMóbil" (galego).

- Guía "abalarMóbil" (castelán).

 

CARTA AS NOSAS FAMILIAS

 

 

 

  

 

ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

Debido a situación na que nos atopamos, e para seguir mantendo unha axeitada comunicación familia-escola, poñemos a disposición das familias do noso alumnado os correos electrónicos das titoras e titores e do profesorado especialista para calquera consulta ou dúbida que poida xurdir.

 

 

  • Marisa (Directora- Audición e Linguaxe): marisabarreiro@edu.xunta.es

  • Oliva (Titora 4ºA Infantil- 3 anos): santallavazquez@edu.xunta.es

  • Marta (Titora 4ºB Infantil- 3 anos): marta.meilan@edu.xunta.es

  • Ana (Secretaria- Titora 5ºA Infantil, 4 anos): anabello@edu.xunta.es

  • Rogelio (Titor 5ºB Infantil, 4 anos- Música): rogelio.fernandez@edu.xunta.es

  • Lina (Titora 6ºA Infantil- 5 anos): linadiaz@edu.xunta.es

  • Mª José (Titora 6ºB Infantil- 5 anos): rodriguezfernandez@edu.xunta.es

  • Mercedes (Apoio Infantil-Psicomotricidade):mfb@edu.xunta.es

  • Carmela (Apoio Infantil - Atención educativa):carmela.roca@edu.xunta.es

  • Patricia (Relixión Católica): patriciamontero@edu.xunta.es

  • Fidelina (Inglés): fidelina@edu.xunta.es

  • Marta  (Pedagoxía Terapéutica): martanovo@edu.xunta.es

  • Elena (Pedagoxía Terapéutica): mariaelenaotero@edu.xunta.es

  • María (Pedagoxía Terapéutica): mariaairado@edu.xunta.es

AVISO IMPORTANTE: ADMISIÓN ALUMNADO

 

 

 

Recordade que, no lateral esquerdo desta páxina, no apartado "ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021", tedes acceso directo a todo o relacionado con este proceso: prazos, postos vacantes, documentación...

 

NOVAS INSTRUCCIÓNS EN RELACIÓN CO CORONAVIRUS

Instruccións do 13 de marzo do 2020 sobre a concreción das medidas a adoptar nos centros educativos, en relación coa pandemia Covid-19, para os vindeiros 14 días.

 

Podedes acceder a esta información aquí: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES XERAIS PARA A CASA

Seguindo as ordes da Consellería de Educación, suxerimos unhas actividades xerais para realizar na casa durante a suspensión das clases:

 

- Actividades breves, variadas, manipulativas e activas.

- Recortado e rasgado de papel de xornais, revistas...

- Modelado con plastilina.

- Debuxo e decorado do mesmo con diferentes técnicas e recursos dispoñibles na casa: ceras, rotuladores, tizas, témperas, acuarelas...

- Tempo de xogo simbólico: cocinita, construccións, coches, bonecos...

- Tempo de lectura de contos e actividades de compresión relacionadas co mesmo.

- Xogos de mesa: parchís, oca, dominó, cartas...

 

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO EN RELACIÓN AO CORONAVIRUS

XOVES, 12 DE MARZO DE 2020 

 

A última hora desta tarde recibimos da Consellería de Educación as seguintes medidas que deberán adoptar todos os centros de ensino en relación coa pandemia CORONAVIRUS (COVID-19), durante os 14 días naturais contados dende o luns 16 de marzo de 2020.

 

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.

  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro

  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.

  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +

  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.

  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.

  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.

  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

 

MEDIDAS PARA O ENSINO UNIVERSITARIO

  • Suspéndense as actividades académicas no ensino universitario.

  • Permanecerán abertas as residencias universitarias, con servizos comúns básicos.

  • As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo do seu aforo.

 

Distribuir contido