EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Secretaría

"UN CLIC PARA EL COLE"

 

Un "CLIC PARA EL COLE" é unha iniciativa de AMAZON para centros educativos que imparten ensinanzas non universitarias (2º ciclo de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional). 

 

Cada vez que fagades unha compra en amazon.es, AMAZON donaranos unha porcentaxe do voso gasto ao noso centro, en forma de crédito virtual, para utilizar na compra de material que necesitemos para a escola.

 

¿QUE TEDES QUE FACER PARA APOIAR AO NOSO CENTRO COAS VOSAS COMPRAS?

1. Entrade na páxina: www.unclicparaelcole.

2. Iniciade sesión co voso nome de usuario e contrasinal de AMAZON.

3. Elexide o centro educativo ao que a ides apoiar: "EEI DE VILALBA".

4. Agradecemos a difusión desta iniciativa entre os vosos amigos e familiares para que colaboren connosco.

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2020/2021

 

 

Informamos ás familias que as reunións xerais, coas respectivas titoras, terán lugar a vindeira semana. Rogamos puntualidade e a asistencia dunha única persoa por familia. Os/as asistentes deberán traer bolígrafo.

 

As reunións, celebraranse no seguinte horario:

  • 4º Infantil (3 anos): martes, 8 de setembro, ás 17:00.

  • 5ºA Infantil (4 anos): martes, 8 de setembro, ás 16:00.

  • 5ºB Infantil (4 anos): martes, 8 de setembro, ás 18:00.

  • 6ºA Infantil (5 anos): mércores, 9 de setembro, ás 16:00. 

  • 6ºB Infantil (5 anos): mércores, 9 de setembro, ás 18:00. 

 

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, o curso escolar comezará o xoves 10 de setembro para o alumnado de 4º e 5º de Infantil (3 e 4 anos) e o venres 11 de setembro para o alumnado de 6º de Infantil (5 anos).

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR - CONCELLO DE VILALBA

 

O concello de Vilalba vén de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas para adquisición de material escolar dirixida a Educación Infantil (3-6 anos), para o curso 2020/2021.

 

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será do 25 de xuño ao 8 de xullo de 2020.

 

As bases están xa publicadas no BOP Núm. 141 do sábado, 20 de xuño de 2020 (páxina 11).

 

AQUÍ VAI A SORPRESA!!!

Dan as 12:00!!! Chegou a hora!!!

Agardamos que vos guste e que pasedes un anaco divertido.

Picade na imaxe para acceder a nosa SORPRESA.


NOTA DE FIN DE CURSO PARA O ALUMNADO E AS FAMILIAS

 

 

FIN DE CURSO

RECOLLIDA DE ALMANAQUE ESCOLAR

 

Informamos ás familias que, a vindeira semana, entregaremos o almanaque anual da escola. A recollida efectuarase por quendas, en horario de 10:00 a 14:00.

 

  • LUNS, 15 DE XUÑO: titoría de Marta, 4ºB Infantil.

  • MARTES, 16 DE XUÑO: titoría de Ana, 5ºA Infantil.

  • MÉRCORES, 17 DE XUÑO: titoría de Oliva, 4ºA Infantil.

  • XOVES, 18 DE XUÑO: titoría de Rogelio, 5ºB Infantil.

AVISO ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO 2020/2021

 

Todo o alumnado que solicitou praza neste centro está admitidoDeben pasar, do 1 ao 10 de xullo, a formalizar a matrícula.

 

MATERIAL

Informamos ás familias de que o material do alumnado de 3 e 4 anos permanecerá no centro ata o vindeiro curso. O alumnado de 5 anos será informado polas súas mestras titoras, cando se considere o momento idóneo para a súa entrega.

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO - CURSO 2020/2021

 

 

 

PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO

  • 4º Infantil (3 anos): 50 prazas (6 para alumnado con NEAE).
  • 5º Infantil (4 anos): 20 prazas.
  • 6º Infantil (5 anos): 12 prazas.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

  • Do 11 ao 18 de maio de 2020. 

 

HORARIO

  • De 9:30 a 14:30 h. 

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Solicitude de admisión, en impreso que facilita o centro ou a través da aplicación "admisiónalumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  • Fotocopia do Libro de Familia da folla do alumno/a.
  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria.
  • Fotocopia do DNI da nai e pai ou titor/a legal.
  • Fotocopia do DNI do alumno/a, en caso de telo.
  • Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio dos membros da unidade familiar.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Permiso para actividades complementarias e extraescolares.
  • Cuestionario sobre a lingua materna.
  • Opción sobre o ensino de relixión.
  • Autorización para o uso de imaxe.

 

Estes catro últimos documentos pódense descargar picando aquí.

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 

Todo o alumnado que solicitou praza neste centro está admitidoDeben pasar, do 1 ao 10 de xullo, a formalizar a matrícula.

 

Distribuir contido