EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Secretaría

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

 

 

Segundo a Orde do 18 de decembro de 2020, pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, os prazos máis salientables son:

 

- Reserva de praza no centro adscrito: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. O alumnado deste centro NON ten que facer reserva por non ter ningún centro adscrito.

 

- Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo. Este será o prazo no que o alumnado de nova incorporación e o de 6º de Infantil (5 anos) deberá presentar dita solicitude no centro onde se vai a matricular o próximo curso.

 

FELIZ 2021!

CAMPAÑA "POLO NADAL AGASALLA IGUALDADE"

Unímonos á campaña "POLO NADAL AGASALLA IGUALDADE", promovida polo concello de Vilalba, para concienciar sobre a compra de xoguetes non sexistas e romper os roles de xénero.

 

Por aquí deixamos un decálogo do xoguete non sexista.

TITORIAL PARA ACCEDER Á AULA VIRTUAL DA ESCOLA

Nesta semana as titoras dos diferentes cursos facilitarán, a cada familia, un NOME DE USUARIO/A e un CONTRASINAL para acceder á AULA VIRTUAL. Unha vez teñades estes dous datos, seguide os pasos do seguinte titorial:

 

 

A EEI DE VILALBA EN INSTAGRAM

A nosa escola xa ten conta na rede social INSTAGRAM! Pica na imaxe e síguenos! 

 

 

 

CONCELLO DE VILALBA: AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN

concello de Vilalba informa da publicación das bases e criterios que rexen a adxudicación das axudas de ata 900 euros para as familias que precisen contratar servizos específicos para a conciliación. Son unhas axudas para dar cobertura ás necesidades das familias con menores a seu cargo (de 3 a 12 anos, ou ata 16 cando os menores teñan recoñecida una discapacidade igual ou superior ao 33%).

 

As axudas poderán destinarse á contratación de persoas ou servizos (coidador, ludoteca, servizo de autobús) para atender aos seus fillos e fillas menores fóra do horario escolar mentres os seus proxenitores se atopan traballando. As familias que opten pola contratación dun cuidador, xa sexa directamente ou a través dunha empresa de servizos, poderán pedir unha única axuda aínda que a persoa coide a varios menores. Se a familia opta por contratar centros de ocio ou utiliza a axuda para transporte escolar, poderá solicitar unha por cada menor beneficiario.

 

Estas axudas serán compatibles con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade, sempre que sumada ao importe deste axuda non se supere o 100% do gasto realizado. Será condición indispensable que a unidade de convivencia careza de rede natural de apoio, considerándose ésta a exercida pola nai ou pai, e será requisito indispensable estar empadroado e ser fillo ou filla de pais empadroados no termo municipal de Vilalba. 

 

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados dende o seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP, que foi o venres 2 de outubro.

 

Máis información e bases completas:

 

"UN CLIC PARA EL COLE"

 

Un "CLIC PARA EL COLE" é unha iniciativa de AMAZON para centros educativos que imparten ensinanzas non universitarias (2º ciclo de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional). 

 

Cada vez que fagades unha compra en amazon.es, AMAZON donaranos unha porcentaxe do voso gasto ao noso centro, en forma de crédito virtual, para utilizar na compra de material que necesitemos para a escola.

 

¿QUE TEDES QUE FACER PARA APOIAR AO NOSO CENTRO COAS VOSAS COMPRAS?

1. Entrade na páxina: www.unclicparaelcole.

2. Iniciade sesión co voso nome de usuario e contrasinal de AMAZON.

3. Elexide o centro educativo ao que a ides apoiar: "EEI DE VILALBA".

4. Agradecemos a difusión desta iniciativa entre os vosos amigos e familiares para que colaboren connosco.

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2020/2021

 

 

Informamos ás familias que as reunións xerais, coas respectivas titoras, terán lugar a vindeira semana. Rogamos puntualidade e a asistencia dunha única persoa por familia. Os/as asistentes deberán traer bolígrafo.

 

As reunións, celebraranse no seguinte horario:

  • 4º Infantil (3 anos): martes, 8 de setembro, ás 17:00.

  • 5ºA Infantil (4 anos): martes, 8 de setembro, ás 16:00.

  • 5ºB Infantil (4 anos): martes, 8 de setembro, ás 18:00.

  • 6ºA Infantil (5 anos): mércores, 9 de setembro, ás 16:00. 

  • 6ºB Infantil (5 anos): mércores, 9 de setembro, ás 18:00. 

 

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, o curso escolar comezará o xoves 10 de setembro para o alumnado de 4º e 5º de Infantil (3 e 4 anos) e o venres 11 de setembro para o alumnado de 6º de Infantil (5 anos).

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR - CONCELLO DE VILALBA

 

O concello de Vilalba vén de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas para adquisición de material escolar dirixida a Educación Infantil (3-6 anos), para o curso 2020/2021.

 

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será do 25 de xuño ao 8 de xullo de 2020.

 

As bases están xa publicadas no BOP Núm. 141 do sábado, 20 de xuño de 2020 (páxina 11).

 

AQUÍ VAI A SORPRESA!!!

Dan as 12:00!!! Chegou a hora!!!

Agardamos que vos guste e que pasedes un anaco divertido.

Picade na imaxe para acceder a nosa SORPRESA.


Distribuir contido