Novas

ACTUACIÓN DO MAGO RAFA

O vindeiro sábado 3 de outubro ás 20:00 horas terá lugar no auditorio Carmen Estevez unha actuación de maxia  a cargo do MAGO RAFA.


PLAN DE ACOLLIDA NO CURSO 2020/2021

Este documento foi elaborado en base as instrucións do 20 de Xullo de 2020, da Dirección Xeral de educación, Formación Profesional e Innovación educativa, co fin de facilitar a incorporación do alumnado afectado pola suspensión da actividade lectiva presencial durante o curso 2019/2020.

 

PLAN DE CONTINXENCIA

Segundo o protocolo de adaptación ao contexto da Covid 19, nos centros de ensino non universitario os centros de Galicia para o curso 2020/2021 elaborarán un "PLAN DE CONTINXENCIA", no que se establecerán as medidas no caso de suspensión da actividade lectiva, as medidas para facer efectivo o ensino a distancia e as medidas de reactivación do actividade presencial, de conformidade coas instruccións da autoridade sanitaria.

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/2021

Adxúntase o plan de adaptación no que se recollen as medidas individuais e colectivas que adoptará o centro, a xestión no caso de abrocho, o uso dos diferentes espazos e material de proteccion empregado. Son directrices hixiénico-sanitarias marcadas polo protócolo dictado da Conselleria de educación.

 

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/2021

No plan de adaptación se recolle as medidas de prevención adoptadas polo centro a nivel individual e colectivo, as diferentes xestións como caso de abrocho, material de protección

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2019/2020

VOLTA AO COLE

Comezamos o día 11 de setembro

 

A CARRILANA DAS NOVAS

 

CURSO 2018-2019

Rematamos o período de adaptación para os nenos e nenas de 3 anos, xa estamos todos preparados para  este novo curso.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Infórmase ás familias que as reunións xerais terán lugar o vindeiro Luns día 10.

 

Os pais/nais do alumnado de 3 e 4 anos asistirán ás 18:00 horas.

E os pais/nais do alumnado de 5 anos acudirán ás 17:00 horas.

 

O 12 de setembro comezará o colexio en horario normal. Os alumn@s que esteñan en periódo de adaptación serán as titoras as que informen sobre a flexibilización horaria. 

 

 

 

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

O Concello de Vilalba, a través do Departamento de Servizos Sociais, Familia, Muller e Emprego, ven de publicar no BOP con data 13/06/18, as bases reguladoras para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario, destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Vilalba e escolarizado para o curso 2018/2019 en Educación Infantil (3-6 anos) nos centros docentes públicos de Vilalba.
 
As bases reguladoras e as solicitudes (documento adxunto), estarán a disposición dos interesados na páxina web do concello (www.vilalba.org) e no Departamento de Servizos Sociais, Familia, Muller e Emprego (prevencion@vilalba.es) . Achegamos as bases e os Anexos de solicitude.
 

 

Os prazos de presentación de solicitudes será do25 de xuño ao 6de xullo de 2018,ámbolos dous inclusive.
Distribuir contido