EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Secretaría

BENVID@S AO CURSO 2022-2023!

 

 

Informamos ás familias que as reunións xerais, coas respectivas titoras e titores, terán lugar na data e hora que se indican a continuación. 

 

  • 4º Infantil (3 anos): luns, 5 de setembro, ás 16:30 no patio de 3 anos.

  • 5º Infantil (4 anos): luns, 5 de setembro, ás 17:00 no patio. 

  • 6º Infantil (5 anos): luns, 5 de setembro, ás 17:00 na aula.

 

curso escolar dará comezo o xoves, 8 de setembro. 

MADRUGADORES-CURSO 22/23: LISTADO DE ADMITIDOS/AS

COMEDOR ESCOLAR-CURSO 22/23: LISTADO DE ADMITIDOS/AS

FELIZ VERÁN!

REVISTA ESCOLAR: "A CARRILANA DAS NOVAS 2022"

Aquí tedes unha nova edición da nosa revista escolar "A CARRILANA DAS NOVAS", que amosa un resumo das actividades realizadas este curso 21-22. 

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022/2023 - CONCELLO DE VILALBA

 

O concello de Vilalba acaba de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas para adquisición de material escolar dirixida a Educación Infantil (3-6 anos), para o curso 2022/2023:

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E ADMITIDAS

 

Informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro, para o curso 22-23, foi admitido. Presentáronse as solicitudes que se indican a continuación:

  • 4º Infantil (3 anos): 38 solicitudes para 50 prazas vacantes.
  • 5º Infantil (4 anos): 0 solicitudes para 19 prazas vacantes.
  • 6º Infantil (5 anos): 0 solicitudes para 34 prazas vacantes.

 

listaxe definitiva de admitidos e admitidas poderá consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

 

Lembramos que o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, na secretaría do centro.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

 

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 22-23, informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro foi admitido

 

listaxe provisional de admitidos e admitidas poderá consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

 

Lembramos que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

 

NORMATIVA 

O proceso de admisión está regulado na seguinte normativa:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos e a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 e a Orde do 18 de decembro de 2020.

 

PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO

  • 4º Infantil (3 anos): 50 prazas (6 para alumnado con NEAE).

  • 5º Infantil (4 anos): 19 prazas.

  • 6º Infantil (5 anos): 34 prazas.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Do 1 ao 21 de marzo.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Solicitude de admisión (modelo ED550B) en impreso que facilita o centro ou a través da aplicación "admisiónalumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  • Fotocopia do Libro de Familia da folla do alumno/a.

  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria.

  • Fotocopia do DNI da nai e pai ou titor/a legal.

  • Fotocopia do DNI do alumno/a, en caso de telo.

  • Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio dos membros da unidade familiar.

  • 2 fotografías tamaño carné.

  • Permiso para actividades complemetarias e extraescolares.

  • Cuestionario sobre a lingua materna.

  • Opción sobre o ensino de relixión.

  • Autorización uso da imaxe.

 

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN 

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 21 de marzo.

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.

  • Publicación das listaxes definitivas : antes do 15 de maio.

  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

IMPORTANTE

  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro educativo no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade.

  • O alumnado que xa está escolarizado no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, o centro de orixe.

  • No caso de que exista máis demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITDOS 

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 22-23, informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro foi admitido

 

listaxe provisional de admitidos e admitidas poderá consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

 

Lembramos que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Distribuir contido