EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Novas

DÍA DAS BIBLIOTECAS-24 DE OUTUBRO-

REVISTA ESCOLAR "A CARRILANA DAS NOVAS"

 

Un fermoso agasallo!!! grazas Vanesa

Vanesa, a tía de Noa de 4 anos A, agasallounos á Escola con tres caixas cheas de mar. Moitísmas grazas polo gran traballo que fixeches, ímolas disfrutar moitísimo.

Visita de "Mini e Mero"

   Co motivo da celebración das Letras Galegas tivemos a visita de "Mini e Mero", un dúo de cantautores chairegos, músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla.

 

 

Celebramos o Día do Libro na Biblioteca Municipal de Vilalba

Co motivo do Día do Libro (23 de abril) o venres 21 de abril, na Biblioteca Municipal de Vilalba, todo o alumnado e persoal da nosa escola disfrutamos da actuación de Trinke Trinke, cos contos de "Paxariños" e "Turelí, Tureló".

Podedes acceder á galería de fotos dende aquí

INTERCAMBIO DE CONTACONTOS

Ainda estamos no mes de marzo, pero co gallo de O día do libro (23 de abril), estamos a celebrar na escola, ao longo deste trimestre e parte do seguinte, todo tipo de actividades para fomentar a lectura como: as familias contacontos, pero tamén intercambios letores cos centros educativos da localidade, como o CEIP Antonio Insúa Bermúdez.

Nesta ocasión veu a visitarnos Samuel con 4 compañeiros da súa clase de 6º de primaria: Ariadna, Aitana, César e Alba, todos eles antigos alumnos da nosa escola, e maila súa profesora de PT, Pili.

O conto titulábase "Carnaval" e utilizaron como axuda uns paneis con pictogramas e para poder contarnos moitas cousas máis utilizaron unha tableta coa app E-mintza . grazas a ela Samuel podíase comunicar á perfección con todos nós.

Desexando repetir! Moitas grazas pola vosa visita

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

O sábado 23 de abril, celébrase O Día do Libro. E unha boa forma de celebralo é lendo, mercando ou agasallando un libro. Lede e soñade!!!

 

E tede en conta os seguintes consellos:

Distribuir contido