Complementarias

O PASEO DOS CONDES

 Os nenos de 4 e 5 anos tivemos a oportunidade de disfrutar do encanto do Paseo dos Condes e de recoller follas para diferentes actividades que se van realizar no cole.

n

 

 

 

PINTURA CASEIRA 3D

Queredes pasar un anaco divertido e creativo esta fin de semana??? Pois aquí vai unha proposta...

 

PINTURA 3D OU CON VOLUME

 

 

RECURSOS EDUCATIVOS DE //AFUNDACIÓN

Dende //Afundación, da Obra Social Abanca, puxeron en marcha o programa AfundaciónNaCasa con multitude de recursos educativos como experimentos, receitas, arte... para este período de confinamento.

Deixámosvos estes dous experimentos para pasar un rato en familia durante a fin de semana.

 

 "EXPERIMENTO EFECTO MARANGONI"

 

 

 "EXPERIMENTO CHOIVA"

SAÍDA AO "AQUARIUM FINISTERRAE" (5º INFANTIL)

Os nenos e nenas de 5º Infantil (4 anos), con motivo do comezo dun novo proxecto adicado ao "MaR" visitaron, esta semana, o "AqUaRiUm FiNiStErrAe" da Coruña (recoñecido como o 4º mellor acuario de España).

 

 

 

  

SAÍDA AO PLANETARIO (6º INFANTIL)

O alumnado de 6º Infantil (5 anos), traballou durante o 1º trimestre un proxecto adicado ao "SISTEMA SOLAR" .

Como actividade final do proxecto,  o pasado xoves 9 de xaneiro, visitaron o PLANETARIO da Coruña.

 

 

 

 

 

 

CONTACONTOS: "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Para conmemorar o "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO", veu a visitarnos a compañía "Trinke Trinke" co contacontos "Os ratos e ratiñas de Lonxedetodo aprenden a querer", a través do cal se fomentan os vínculos afectivos, o respecto e as relacións cos demais. 

 

 

CONCERTO DE PABLO DÍAZ

O martes tivemos a sorte de asistir, na biblioteca municipal, a un concerto do músico e cantante Pablo Díaz ( autor de 4 traballos discográficos adicados ao mundo infantil: "TIC, TAC", "TOC, TOC", "XENTE MIÚDA, MOITA FARTURA" e "TIC, TAC, TOC". 

 

 

   

Saída a Avifauna

 Este luns os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha visita a Avifauna para coñecer distintos tipos de paxaros. Desfrutaron moito desta experiencia. 

  

 

 

Para ver mais fotos da saída preme aquí.

LETRAS GALEGAS 2019

 

Esta semana por mor das letras galegas, andamos a celebrar moitas actividades:

 

Contamos ca visita da poetisa Vilalbesa, Pilar Maseda. Moitas grazas, gustounos moitísimo esta historia!! 

 

 

 

Os nenos e nenas de tres anos, visitamos a clase de 3 anos do Insua  Bermúdez para recitarlles un poema de Antón Fraguas.

 

 

 E os nenos de 4 e 5 anos participaron na  xa tradicional, X Carreira Popular escolar das Letras Galegas do Concello de Vilalba.

 

 

 

 

 

 

CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS

NORABOA A ESTES CAMPIÓNS!!!

Distribuir contido