EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

INTERCAMBIO DE CONTACONTOS

Ainda estamos no mes de marzo, pero co gallo de O día do libro (23 de abril), estamos a celebrar na escola, ao longo deste trimestre e parte do seguinte, todo tipo de actividades para fomentar a lectura como: as familias contacontos, pero tamén intercambios letores cos centros educativos da localidade, como o CEIP Antonio Insúa Bermúdez.

Nesta ocasión veu a visitarnos Samuel con 4 compañeiros da súa clase de 6º de primaria: Ariadna, Aitana, César e Alba, todos eles antigos alumnos da nosa escola, e maila súa profesora de PT, Pili.

O conto titulábase "Carnaval" e utilizaron como axuda uns paneis con pictogramas e para poder contarnos moitas cousas máis utilizaron unha tableta coa app E-mintza . grazas a ela Samuel podíase comunicar á perfección con todos nós.

Desexando repetir! Moitas grazas pola vosa visita