EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Secretaría

CONCURSO BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILALBA

Animamos aos nosos nenos e nenas a participar no Concurso de decoración da Biblioteca Municipal!

 

CENTRO ADMITIDO NOS CONTRATOS-PROGRAMA INCLÚE

A nosa escola foi admitida nos Contratos-Programa Inclúe, da Consellería de Educación, para fomentar a inclusión no centro.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR- CENSO ELECTORAL DE NAIS E PAIS

Seguindo o calendario electoral, para as eleccións ao Consello Escolar , publicamos o censo de nais e pais desta Escola.

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

Este curso corresponde celebrar as eleccións ao Consello Escolar, tal e como se establece na Resolución do 20 de setembro de 2021, dado que o proceso foi adiado o curso pasado.

 

Durante todo o procedemento respectaranse as medidas de prevención e hixiene recollidas no Protocolo de adaptación ao contexto COVID-19 e toda a documentación que se publique no taboleiro de anuncios estará tamén exposta na páxina web do centro.

 

As eleccións ao representante das familias do Consello Escolar realizaranse entre o 22 e 26 de novembro, e para elas é necesario constituir unha Xunta Electoral que vixiará este proceso e establecerá o calendario das votacións correspondentes.

Dita Xunta Electoral estará composta por:

- Dirección do centro.

- Docente do centro: elixido en sorteo público, con función de secretario ou secretaria.

- Pai/nai/titor legal: elixido en sorteo público de entre todos os que compoñen a comunidade de familias do centro.

 

O sorteo da Xunta Electoral celebrouse o 27 de outubro do 2021 e quedou formada polos/as seguintes integrantes: 

 

 

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS-24 DE OUTUBRO-

INAUGURAMOS CURSO 2021-2022

Desexámosvos un feliz curso, especialmente ao noso novo alumnado de 3 aniños. Comezamos!!

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2021/2022!

 

 

Informamos ás familias que as reunións xerais, coas respectivas titoras, terán lugar na data e hora que se indican a continuación. Rogamos puntualidade e a asistencia dunha única persoa por familia. Os/as asistentes deberán traer bolígrafo.

 

As reunións celebraranse, nos exteriores da escola, no seguinte horario:

  • 4º Infantil (3 anos): luns, 6 de setembro, ás 17:00.

  • 5º Infantil (4 anos): martes, 7 de setembro, ás 18:15.

  • 6º Infantil (5 anos): martes, 7 de setembro, ás 17:00.

 

curso escolar dará comezo o xoves, 9 de setembro. 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022 - CONCELLO DE VILALBA

 

 

O concello de Vilalba acaba de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas para adquisición de material escolar dirixida a Educación Infantil (3-6 anos), para o curso 2021/2022.

 

  • As axudas poderán destinarse a máscaras, mandilóns, mochilas, libros e demais material que figure nos listados dos centros escolares.
  • Axudas de entre 75 e 100 euros, dependendo da renda da familia.
  • prazo de presentación de solicitudes e documentación será do 21 de xuño ao 2 de xullo de 2021.
  • Os interesados/as deberán presentar tanto a solicitude como a documentación requirida, en tempo e forma, no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónica.
  • As axudas que se concedan , publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello.
  • Para descargar a solicitude e documentación premede no seguinte enlace: https://www.vilalba.gal/es/noticias/axudas-material-escolar-2021-2022/

 

CONVOCATORIA AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

No DOG do 20 de maio publícase a Orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

-Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

-Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

-Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

NORMAS XERAIS

-O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ao 22 de xuño.

- Para poder solicitar a axuda, tedes toda a información nas páxinas web dos centros onde cursarán 1º de Primaria os vosos fillos e fillas.

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022.

Informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro, para o curso 21-22,  foi admitido. Presentáronse as solicitudes que se indican a continuación:

  • 4º Infantil (3 anos): 32 solicitudes para 50 prazas vacantes.
  • 5º Infantil (4 anos): 0 solicitudes para 34 prazas vacantes.
  • 6º Infantil (5 anos): 0 solicitudes para 18 prazas vacantes.

 

listaxe definitiva de admitidos e admitidas poderá consultarse do seguinte xeito:

  • Presencial: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Non Presencial: única e exclusivamente a través da aplicación "admisionalumnado" empregando a chave 365 ou certificado dixital.

 

Lembramos que o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, na secretaría do centro.

 

Distribuir contido