Programa de Radio

 
O venres 30 de outubro, día da festa de Samaín no cole, Radio Valadares conectou connosco, "Os Tigres" para falar do medo, aquí podedes oír as cousas que lles contamos. Na clase xa falaramos sobre os nosos medos e as cousas que podíamos facer para superalos, tamén escoitamos contos e puidemos aprender dos recursos que usan os protagonistas das historias, a imaxinación, a risa, a axuda da familia e tamén puidemos coñeceras as receitas das  amigas e amigos para enfrontalos. Laia, que teme a escuridade coma outras nenas e nenos da clase, usa unha pequena luz que a espanta. Con Carolina, Julia ou Loli que se asustan de morcegos, serpes e arañas pensamos que se coñecen estes animais decataranse que non hai motivo para os temer. Dany reflexionaba sobre os aterradores "homes lobo", uns homes que as veces andan coma lobos, inda que finalmente recoñecía que só existían na imaxinación. Xoán declarou que el non lle mete medo  nada, polo de agora  pero logo non se atreveu a falar pola radio. Con Mateo tivémolo un chisco máis difícil porque lle ten medo ó sol xa que descubriu cando naceu que era un vampiro e claro......menos mal que na escola temos un potente protector solar, pantalla total para saír ó patio. Este é un pequeno resumo do que se falou na clase uns días antes da conexión da conexión radiofónica que nos cortou un pouquiño, normal, chámase medo escénico... 
AnexoTamaño
venres30102020-radiovalladares-ivoox58862186.mp341.1 MB